Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡De Portada!

lunes, 07 de julio de 2008
Cando o pasado martes chegamos á tertulia do café da mañá, un colega nos interpelou:
-¡Víche-lo xornal! ¡Somos noticia de portada! En Foz sempre conseguimos o que nos
propoñemos!.

Como en contra da nosa costume, que o primeiro que facemos antes de saír da casa é dar unha ollada ó diario, ese día non o fixéramos, inxenuamente e de súpeto, coa lóxica euforia, exclamamos:

- ¡O P.A.C…! ¡O Porto Deportivo…! Foi o que, sen pensar, se nos veu á mente porque sen dúbida trataríase en calquera dos casos dunha boa nova, e se fosen as dúas mellor.
Non ían por aí os tiros e de contado se nos aclarou a situación.

- Non, home non, eses episodios serían mais ou menos normais, dixo outro contertulio. Os focegos somos xente orixinal e esta faceta é a que nos distingue de outros pobos, e chegado o verán é cando damos a nota. Hai un par de anos, tamén con caracteres destacados, líamos: “un artista alemán ultima a unión virtual entre Foz e a antípoda”, que nos deixou abraiados. Houbo estudos, xuntanzas do “artista” cos nosos edís que o anunciaron a bombo e platiño; nunca mais se soubo, pero, eso sí, dimos a campanada.

Hai un ano de outra sorpresa informativa: un oso arredor da capela do Bispo Santo; xa se cantaba un novo atractivo turístico, a caza maior; só foi un espellismo.

Voltamos ahora ás portadas dos rotativos: o cambalache político cultívase nos nosos eidos, e ó parecer con espléndidos resultados. A cousa, como todo o insólito, esperta o interese dos medios de comunicación, de igual xeito que hai pouco pasou, por exemplo, con Chiquilicuatre, e o nome do noso concello ten a honra de ocupar titulares en primeiras páxinas dos xornáis. Os comentarios son inevitables e cada quen fai as valoracións que cre oportunas, aínda que o que predomina son as descalificacións.

Mentres os contertulios debatían sobre ética e culpabilidades, á nosa memoria acudían aqueles versos da mística Sor Juana Inés de la Cruz: “Quién será más de culpar/ aunque cualquiera mal haga,/ ¿el que peca por la paga/ o el que paga por pecar?”.
Democracia, honestidade, transparencia, altruísmo, dignidade, honra. ¿De qué falarán?.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Seguridade nas rúas: Ninguén está exento de riscos na vida cotián, no rural ou no urbano. Sen emb...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información