Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Caurel, a singularidade dun Parque natural

lunes, 16 de junio de 2008
Ao parecer, e polas últimas declaracións do Conselleiro de Medio Ambiente, por fin vai incluírse ao Courel como Parque natural. Esperemos que sexa máis pronto que tarde, pois trátase dun dos máis emblemáticos espacios paixasísticos que temos en Galiza. Esperemos, tamén, que se teña en conta a creatividade, que durante anos, desenvolveron xentes do propio lugar e dos que fixeron o lugar como propio, para darlle vida a ista Serra, porque son eles os que a viven, os que a coñecen, os que a aman e polo tanto os que poden aportar moito para calquera alternativa que das instancias oficiais queiran facer nela.

Desde o meu punto de vista, un Parque Natural ten unha filosofía que o distingue de calqueira outra alternativa turística onde a base natural non representa outra cousa máis que un papel subrogado á simple diversión ociosa dos visitantes. Porén, o Parque Natural é sobre todo un lugar para gozar co coñecemento, cuestión que, precisamente nos depara a súa base natural ao convertirse nunha aula educativa, catalizadora do interese dos que acuden a el na procura dun tempo de lecer instrutivo (o socialmente máis rendible). Coñecemento paisaxístico, naturalista, histórico-cultural, xeolóxico, etc... Coñecemento revalorizador das tradicións populares, do traballo das súas xentes, da súa vida e costumes e polo tanto xerador da autoestima dos seus habitantes, favorecendo deste xeito o seu desenvolvemento mediante proxectos produtivos de tradición agrícola e respetuosos co medio ambiente, exaltadores das riquezas naturais, artesanais e patrimoniais que conteñen.

Esto conleva a necesidade dunha rigurosa programación e decidida incentivación por parte das institucións, pero tamén precisa dunha concienciación veciñal e dunha valorización cidadán que a estimule, implicándose todos na construción dun ámbito no que a natureza, si se sabe utilizar adecuadamente, representa non só un elemento de fermosa contemplación, senón tamén un importante xacemento de emprego e benestar colectivo.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información