Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Unha débeda histórica

viernes, 06 de junio de 2008
O día 16 de xullo de 1933 inaugurábase o Asilo de Anciáns de Foz, e así se materializaba unha das disposicións testamentarias do matrimonio Martínez-Otero que legou a súa importante fortuna ós focenses, en forma de institucións para a beneficencia e para a ensinanza, “co pensamento posto nas persoas mais humildes e necesitadas”.

Don Eliseo Martinez e dona Pilar Otero foron os grandes benefactores da historia de Foz; nunha medida que non ten, nen posiblemente nunca terá, parangón. Daí que o día 18 de xuño de 1934 a Corporación Municipal os proclamara Fillos Predilectos do Concello.

Xa no ano 1925, ó coñecerse o contido do testamento, Ramón Salgado Toimil, mestre histórico de Foz, loitador polo seu desarrollo social e cultural, Fillo Adoptivo, propón que o ilustre escultor Francisco Asorey perpetúe a imaxe da parella “y así a la gratitud del pueblo juntaríase la artística ofrenda de las divinas manos del más genial y estupendo de los artistas de la raza, para honra de Foz y glorificación de los grandes filántropos”.

“Nuestro pueblo está obligado a rendir este homenaje a la memoria de sus generosos benefactores, que la gratitud de los pueblos es la virtud que los hace dignos de tan grandes protectores. Creemos que es el Concejo a quien, por obligación y por derecho, corresponde recoger la iniciativa”.

Salgado Toimil, conscente da precariedade da economía municipal, suxire que se abra unha suscripción pública con ese fin; pero os tempos eran moi pobres e as familias vivían idénticas carencias. Ese foi, no fundamental, o motivo de que entón non se consumara o proxecto.

O Asilo foi, dende o principio, a institución mais querida polos focegos e en cada momento, na medida dos seus posibles, volcouse na súa axuda. Baste só lembrar cómo as lanchas que chegaban á riveira, antes de rulalo, apartaban o lote de peixe para aquela Casa; os periódicos donativos das familias, a través das colectas domiciliarias, ou cómo, ó longo dos tempos, iniciativas veciñais fixeron posible melloras e atencións diversas: instalación da calefacción, suministro de combustibles para a mesma, cadeiras de rodas para impedidos, o primeiro coche a motor, etc...; ou a celebración das Vodas de Ouro o ano 1983, con actuacións musicais, exposicións artísticas, espectáculos deportivos de alto nivel ou a actuación por vez primeira na nosa vila do prestixoso Ballet Galego de Rei de Viana.

Pero Foz segue en débeda co matrimonio Martinez- Otero: os bustos ou grupo escultórico dos que falaba Salgado Tomil, e tamén nun pleno do concello por aquelas datas, debe ser un obxetivo a cumplir xa, pois pensamos que é este, na celebración das Vodas de Platino do Asilo, o momento idóneo. Hoxe as circunstancias son outras, a economía das institucións e da sociedade en xeral nada ten que ver con tempos pasados, e o sentimento de gratitude hacia os benefactores non pode decaer, senon todo o contrario, porque son moitas as xeracións de focegos e focegas que dende entón, no decorrer de tantos anos recibiron os beneficios da vontade daquela parella, e cantas están a ser, e en adiante serán tamén, beneficiarias/os. E a obra escultórica, emplazada en lugar céntrico da vila, servirá de recordatorio permanente do que sen dúbida foi o acontecemento mais transcendental da historia do noso pobo: o legado dos Martínez- Otero, sempre vixente, e que as novas xeracións, as actuais e as vindeiras, teñan constante referencia e coñecemento deste fito histórico, de incalculables beneficios asistenciais, sociais, culturais e mesmo económicos para o noso pobo.

Agora mesmo barállase a posibilidade de construir un xeriátrico, precisamente en terreos que aquela parella doou ó pobo de Foz: os efectos da súa filantropía non teñen límite, e ésta soa aportación, que é unha insignificancia na magnitude do patrimonio legado ós focenses polo matrimonio, sería mais que suficiente para amosar a gratitude de todo un pobo cando menos na forma en que reclamamos.

Esperamos que a Corporación Municipal, que por razóns obvias non pode ser allea a tal recoñecemento, pois como a maioría dos focegos das últimas décadas nas súas persoas e nas dos seus devanceiros, foron e son nos seus descendentes beneficiarios de tan importante legado, tome o acordo oportuno para, en medida tan modesta ante a importancia da doazón, faga que, en permanente homenaxe, non esmoreza o recordo de tan singulares, por irrepetibles, filántropos da nosa tribo.

De non facerse así acabará borrándose da memoria popular a existencia de tan excepcionais valedores, consumándose a ingratitude colectiva, que nunca é precisamente a mais digna nin a mais honrosa sinal de identidade dun pobo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información