Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡Integración!

sábado, 17 de mayo de 2008
Foi unha das consignas da manifestación do pasado xoves polas rúas da cidade do Sacramento (¡Signo de amor e fraternidade!) para pedir que non se cree no barrio da Ponte “un novo gueto xitano” Estaban os veciños e moitos acompañantes solidarios. Tamén políticos. Con e sen firma. Todos paios. Non teñen por qué ser eles “os acolledores tamén discriminados”.

A min, persoalmente, “choroume a alma”, como din os nosos paisanos ante feitos dos que tamén eles se senten culpables solidarios, pero impotentes ante as maneiras da integración. ¡Como se nos incha o corazón ante a esquecida e maltratada palabra a pesar do seu doce sabor a integridade, liberdade e xustiza! Todos queremos a integración de todos. ¡Non faltaba máis!

Non só a queremos senón que berramos forte para que se nos escoite.¿Que fixemos e estamos dispostos a facer cada un de nós en solitario ou en grupo!?. ¿Que fixeron e seguen a facer os políticos para evitar este anunciado e non evitado estoupido!? ¿Somos quen de entender este novo aviso de urxencia!?. Agora parece que todos teñen razón. Vivenda e Concello con solucións para repartir responsabilidade. Nosoutros, clara ou hipocritamente, reafirmando a dura realidade: “non somos racistas”, ”non temos nada contra dos xitanos nin de ninguén”, “non queremos guetos” ¡E tan panchos!. Aínda que, estou seguro, “nos chore tamén a alma”.

Se nos analizamos, a fondo, con máis/menos conciencia, responsabilidade ou culpabilidade, todos estamos implicados. Ninguén pode tirar a primeira pedra. É bo comezar por recoñecer o noso racismo e colaborar na busca de camiños cara a integración de todos/as.¡Ese é o futuro!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información