Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sortilexio de Gueimonde

lunes, 05 de mayo de 2008
Acontece cada ano a mediados do mes de maio, entre o dez e o vinte. Ocorre na madrugada e mantense o sortilexio ata o albar, ata o mencer do día. A estadea de mouriñas baixa das terras do castro que houbo en Gueimonde e fai un andar procesional por toda a parroquia: O Castro, Gueimonde, Mazón e Sinde. Aquí, en Sinde, o desfilar queda estantío e dunha roda de luces agroma unha cantiga coral de fermosísimos sons, tan belidos e de acentos de tanta celmosía, que ninguén pode proporcioar nin siquera o asome de tan bonita música.

As mouriñas en rodeira, vestidas con manteos albiños, cantan todas plenamente acompasadas soando nunha docísima e única voz:

Ai, la; lelo, ai la;
harín, heiro; hai hade;
canto de mouriñas vai
na noite da liberdade.

Sinde, bendecido quedas,
en Mazón os nósos astros;
fadais de sortes graíñas
para Gueimonde e O Castro.

Ai, la; lelo, ai la;
harín, heiro, hai hade;
fortunas que sementamos
nas terras destas herdades.

¡Eiiiii, jiiiiiiiiiiiii, jiiiiiiii!

Non é posíbel relatar máis. Verdadeiramente é certo o que me dixeron hai tempo. Palabra máis, palabra menos, todo vai ao punto ata chegar ó aturuxo. En canto se quere reproducir o “eiiiii, jiii, jiii” é coma si se borrase todo da memoria e non se pode seguir. E amola moitísmo, queda un baldeiro. Baldeiro de todo absolutamente: de palabras, de penas e de alegrías. ¡De todo!. Quédase o escribente nun total amolecer. E non se pode ramatar o cantar, só narrar que é o que acontece na parroquia de Gueimonde entre o dez e o vinte de cada abril, despois de producirse a procesión das mouriñas. Segundo contan os máis vellos dicires poden suceder moitísimas e boas venturas. Por exemplo:
Se as mulleres conciben no xusto momento en que brota o cantar en Sinde, o froito (nena ou neno) será o máis venturado de todos, en tódolos sensos. Absolutamente en todos.

Sei, pareceme a min, que sería magnífico poñerse o avío, quen poida, saiba e teña, para tratar de atinar co cadrar do cantar.

Tamén dín, e seica está ben amosado, que ó día siguente da procesión mouriña, as vacas producen máis leite e seu pacer é máis plácido e tranquilo. Que, en xeral, os animais de corral medran moitísimo máis e entran nunha sazón especial. ¡É fantástico!.

Que grande sorte ten a parroquia de Gueimonde. Ningunha de A Pastoriza dispón do sortilexio do abril das mouriñas.

Mais, para que todo o que se narrou se produza, seica hai que repetir a canción das mouriñas ao rente da letra. Pronunciando ben tódalas palabras, co mesmo acento no que é cantado: remarcando suavemente a xota, cando leva o hache.

Jai, la; lelo, jai la;
Jarín, jeilo, jai, jade;
canto de mouriñas vai,
na noite da liberdade.

Pero, ¡ollo!, ben entendido: a xota moi suave, como suspirada. ¡Que difícil resulta explicalo!

Quen poida coller o punto que probe a cantar. Dáse por seguro que os efectos do sortilexio das mouriñas prodúcese inmeditamente.

Irei a Gueimonde cada noite deste abril, dende o dez ao vinte. Hei probar a cantar e a pronunciar ben. Non teño nada que pedir, pero tampouco nada que perder. Gañaría o cantar da sorte.

Agora que me lembro, é necesario estar aveciñado na parroquia. Xa non me dá tempo a tanto. ¡Que mágoa!. Pero así e todo hei de ir. Acerte ou non co cantar, ir á parroquia de Gueimonde, de A Pastoriza, é marabilla: aldeas de O Castro, Gueimonde, Mazón, Sinde… ¡Alucinante!

Hai, la; lelo, hai la;
harín, heiro, hai hade;
boas sortes recollemos
nas terras destas herdades.

¡Eiiiii, jiiiiiiiiiiiii, jiiiiiiii!
¡Eiiiiiiiiii, jiii, jiiiiiiii!

Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Respectar o Parlamento: Nós, pobo, respectamos o Parlamento de Galicia como a primeira institución ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información