Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver á casa

miércoles, 16 de abril de 2008
Estamos en tempo de reaxustes. A crise ataca fortemente por moitas frontes, e obriga a recolocar persoal ou volvelo ó seu lugar de orixe.

A Galicia volveron algo máis de dous mil cincocentos traballadores durante o primeiro trimestre do presente ano, por ter quedado no paro noutras comunidades, especialmente Madrid e Canarias.

Corenta científicos galegos que traballan no exterior teñen pedido regresar a España por considerar que se poden dar as condicións precisas para poder investigar, volvendo atrás aínda que sexa de xeito ínfimo a fuga de cerebros que produciu o “que inventen eles” ou simplemente as difíciles condicións que soportan os que se dedican á investigación.

E de Rumanía agardan que volvan moitos dos traballadores que viñeron a España a traballar na construcción, porque descubriron que necesitan man de obra se queren utilizar as axudas da Comunidade europea e medrar dentro do clima de progreso existente en Europa. Claro que esta volta é difícil se se ten en conta que o soldo dun traballador en Rumanía está en arredor de douscentos euros, mentras que se traballan en España son doadamente mileuristas.

Esa é a cuestión, o reacomodo. Cada quen no seu país. Aquí tócanos acoller investigadores e traballadores no paro. En condicións axeitadas. Do contrario sería unha nova emigración, exilio, no interior. Que ás veces é máis difícil que a emigración en sí. Non chega a boa intención, hai que poñer os medios para, verdadeiramente, poder volver á casa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Xubilouse Ferrín: Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información