Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Presentes!

viernes, 28 de marzo de 2008
Pegada á fachada da miña igrexa parroquial vilalbesa, hai unha placa encabezada por José Antonio Primo de Rivera, que lembra unha ducia de vilalbeses que morreron no tempo da guerra. Asómbrome de que aínda siga alí, ou de que non haxa outra similar lembrando os “outros”, os que na miña nenez chamaban “da cáscara amarga”, dos que nada souben nin sei.

Agora que os mortos reclaman vida de mortos, con identificación e lembranza, eu gostaría de saber dos vilalbeses que pasaron á escuridade, que coma min algún día camiñaron polas mesmas rúas confiando nun futuro mellor para eles e os seus fillos, pero que –a diferencia dos do meu tempo– nunca viron a luz do futuro. Chegoulles de improviso, no medio da escuridade, a luz do máis aló, que intuímos e desexamos lonxana para aproveitar plenamente as posibilidades deste tempo e deste mundo.

Non digo que non teñamos presentes ós mortos da placa –e ós das placas de todos os pobos-, que o de quitar por quitar tampouco é solución. Digo que se lembramos a uns hai que lembralos a todos. Que se uns merecen ter memoria cravada no muro principal da igrexa, estean todos. Todos, presentes. Que gracias a eles –os dun lado e os do outro– estamos hoxe nós aquí, froito de soños e loitas, de avances e retrocesos, de mortes e de vidas. Nós, cada un de nós, somos a suma de todos eles. Renunciando a unha das partes, renunciamos á metade de nós. Que é moito renunciar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información