Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Requiem por John Balan

miércoles, 26 de marzo de 2008
Se decimos ós nosos lectores que imos a falar de Manuel Outeda posiblemente o consideren alguen descoñecido, e que polo tanto non esperta interese algún, a pesares de que se trata dun dos galegos mais singulares e mais populares da segunda metade do século pasado; daí que se aclaramos que tal nome corresponde a “Balán, o home orquestra” ou a “John Balan”, de fondas resoancias do Far-West americano, entón é seguro que está de volta da personalidade do noso protagonista.

Balán, actor, cantante e bohemio, acaba de finar ós 74 anos de idade en Pontevedra.

Pillárano de cheo os mais miserentos anos deste país, o que en ocasións o obrigou a camiñar descalzo cos zapatos baixo o brazo, para actuar; pero a falta de recursos non chegou nunca a quebrantar un espíritu artístico que se nutría dos aplausos que “é o mais importante, algo espontáneo, unha ledicia que dura casi toda a vida e queda no corazón”, decía il.

Balán espallou a súa arte singular por toda Galicia, e tamén fora dela. Este cronista lembra cómo alá polos anos sesenta o seu nome figuraba con grandes caracteres na fachada do teatro Calderón madrileño; participou en programas da TV, como o de José María Iñigo ou Jesús Quintero e actuou con Juanito Navarro ou Fernando Esteso. Gracias á televisión viu realizado o soño da súa vida: sobrevoar en helicóptero a cidade de Manhattan, en Nova Iork: “non esperaba chegar a tanto”, ten declarado.

Cantante melódico, todo o acompañamento osquestral era a súa voz prodixiosa coa que imitaba os distintos instrumentos, e unha porta que coas mans facía soar como percusión. O seu repertorio comezaba por “No te sueltes la melena”, seguía coas mais románticas cantigas ou representaba pequenas pezas teatrais das que era autor: “¿Quién comió las peras del cementerio?” ou “Calzoncillos de manga larga”.

Sen abandonar a súa característica personalidade, o artista viviu unha metamorfose que o convirtíu en “John Balan”, personaxe arquetípo do oeste americano: sombreiro vaquero, pano ó pescozo, insignia de sheriff e pistola forrada de zinc O xenial marinense, que descoñecía o idioma, era capaz de manter unha conversa en inglés porque, como alguen dixo “o inglés de John Balan non é deste mundo. Naceo e bebeo nas vellas tabernas do oeste e entre os traballadores do porto de Neetwark”.

A longa e orixinal traxectoria artística de Balán viuse truncada por problemas de saúde.

Unha trombose mermou as capacidades do actor-cantor que con deficiente mobilidade houbo de internarse no asilo de Pontevedra, onde o concello daquela cidade hai un par de anos ofreceulle unha homenaxe de recoñecemento a quen, como se dixo no mesmo, “alegrou a vida durante moito tempo a moita xente”.

Os medios de comunicación fixéronse eco do mesmo e un deles -as páxinas galegas de El País- publicaba unha semblanza do artista que declaraba: “...nunca me pagaron mais de 30.000 pesetas, salvo en Foz, onde me deron 85.000; aínda que moitas veces traballei gratis”.

Balán actuou en Foz en tres ocasións: na pista Bahía, nos Carnavais do ano sesenta; en xaneiro de 1989, con motivo do festival de entrega do premio de un millón de pesetas, da campaña de Nadal da A.C.I.A. Presentara o mesmo Fidel Fernan. Con Balán actuaran a Orquestra Variedades; o dúo “Los Brillantes” de Lugo e o grupo folk. “Solpor”, o primeiro do que formou parte a focega Uxía Pedreira, hoxe con tanto renome no mundo da música.

A terceira estancia focega fora polo San Lourenzo do ano 1991.

O focense Saros, amigo do artista, dedicoulle unha poesía que comeza así: “Chamábase John Balan / era o home orquestra / e como todos chufaban / él só facía unha festa”.

Bohemio, altruista, xeneroso, sentimental e desprendido perdurará na lembranza agarimosa quen coma il prevaleceo toda a vida na mais candorosa magninimidade.

Resoan no ar as notas da “Balada de John Balan” que lle dedicou Luis Queimada…

Descanse en paz o vello amigo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Os libros, novos: Está ben que as institucións apoien ás familias con necesidades, de xeito es...
BUSCADOR


Rueda
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
AGENDA
Agenda de Galicia Digital Rueda
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información