Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

11.000 drogadictos

viernes, 22 de febrero de 2008
Hai un cuarto de século, Aliad – Asociación de Axuda ó drogodependente- e o Concello de Lugo publicaron o libro “Drogas, que son; cales son”, no que se abordaba o tema para clarificar diante dos entendidos, afectados ou interesados o tema das drogas e a drogadicción.

Aínda hoxe non temos claro o tema da droga, e se sabemos cales son, a consideración oficial difire enormemente entre unhas e outras, xa que chamamos drogas de xeito especial á cocaína, heroína e produtos similares mentres que o alcohol e o tabaco entran nun capítulo ben diferente aínda que o tabaquismo estea sendo demonizado e mal visto socialmente.

Sábese que en Galicia son algo máis de once mil os enfermos que seguen terapias contra as drogodependencias, e algo máis do dobre os que confesan consumir droga polo menos unha vez ó mes. As cifras son ridículas para unha poboación como a galega, pero neste especial caso hai un abismo entre as cifras e a realidade.

Se facemos caso á opinión dos coñecedores e comprometidos no tema, os número son moitísimo máis elevados, descoñecidos, e que afectan a unha parte moi importante dos rapaces e non tan rapaces. Non só no alcoholismo, que sería a parte relativamente inocua do problema, senón as drogas popularmente entendidas como tales, onde o suposto autocontrol constitúe permisiva autorización para o consumo, especialmente abundante coas febres do sábado noite.

O de once mil drogadictos é un número tan abstracto como aquel das once mil virxes dun ceo menor. O problema en Galicia está sendo moito máis importante pero mentres non nos afecte preferimos mirar para outro lado. E os rapaces – e non tan rapaces- consumidores, como “controlan”, pois tan tranquilos. Todos pagaremos as consecuencias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Respectar o Parlamento: Nós, pobo, respectamos o Parlamento de Galicia como a primeira institución ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información