Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foise co vento

miércoles, 20 de febrero de 2008
O vento ten relación perenne, eterna, con Galicia. Aberta á rosa dos ventos, o paso do aire en movemento na beiramar ou no interior, nos altos cumes ou nas amplas chairas, trouxo consigo as ventaxas da súa pureza pero tamén os males da “aireada”, ou efectos presuntamente malignos que determinados ventos coasionan en mentes febles, demasiado expostas ás accións exteriores.

Galicia foi cuantitativamente, durante moito tempo a primeira comunidade española en explotar as posibilidades do vento, suxeitando a súa forza ó movemento das inmensas palas para a producción dunha enerxía limpa e barata que ten case todos os plácemes, faltando unicamente o de determinados movementos ecoloxistas que ven no xigantismo dos aparatos un atentado estético para o cume dos nosos montes.

Aínda medrando un 12,37 por cento a enerxía instalada na nosa comunidade durante 2007, chegando ós 2.951 megawatios instalados, quedou moi lonxe do promedio de España co 30,2 por cento e xa non digamos da comunidade Castilla-La Mancha, que co 37€ de incremento se sitúa en primeiro lugar de producción de enerxía eólica no Estado español.

Hai razóns políticas e económicas para que esto suceda, chegando a un pequeno parón á espera de que decidan os poderes públicos, xa que o sector acusa unha situación de incertidumbre diante das últimas disposicións legais.

A nosa hexemonía foise co mesmo vento, pero pode volver se se instalan os 1.000 MW adxudicados, e a Xunta convoca outros 2.300 polos que o sector agarda.

O que se foi co vento, pode volver con máis vento aínda. E para os que cremos nos sistemas limpos para a producción de enerxía, será unha moi boa noticia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Seguridade nas rúas: Ninguén está exento de riscos na vida cotián, no rural ou no urbano. Sen emb...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información