Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quintana dos vivos

martes, 19 de febrero de 2008
O manifestódromo santiagués vibrou de novo o domingo como nas máis sinaladas datas nas que as xentes do común fan sentir os seus poderes.

As manifestacións santiaguesas teñen máis repercusión que as de calquera outra cidade, por tratarse da gran cidade do Camiño, por concentrarse alí todos os esforzos organizativos, porque existen medios santiagueses con ámbito autonómico, porque o pouso da historia e da tradición xoga ó favor da capital galega para acadar resonancia en todo o país.

Claro que hai manifestacións e manifestacións. Manifestacións previsibles e imprevisibles. Manifestación de calendario e esporádica. Esta do pasado domingo é das especiais, das imprevisibles, das esporádicas. Das que, ademáis, deben facer pensar non só ó Executivo senón a todo o país. Ese é tamén o sentido da súa convocatoria.

Porque organizar unha manifestación así, inmediatamente antes do comezo da campaña electoral, cun bipartito progresista no poder, por parte de colectivos progresistas, fai pensar.

Está fóra da campaña, pero é un toque de atención. Está perto abondo da contenda electoral como para que os gobernantes se senten a pensar, falar e decidir, e facer política de acordo co seu ideario. Alomenos, eso é o que a manifestación pedía.

Os manifestantes proclamaron que “Galicia non se vende”, no que todos temos que estar de acordo, sexa cal sexa a cor de cada quen.

O número e variedade dos manifestantes, os conceptos e as verbas disparadas a todos os ventos, a manifestación en sí reivindicando anacos de Galicia por riba de cores e partidos, chama a atención e require resposta, implícita ou explícita. Que Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira participaran activamente na manifestación é especialmente significativo.

Encheuse a Quintana reivindicando vida para Galicia. Escoite a Galicia gobernante a mensaxe dos miles de persoas, suponse que dos seus, que fixeron que o espacio petreo do corazón de Santiago fose de novo, toda ela, a Quintana dos vivos. Sonoro, multitudinario, significativo toque de atención, á porta dos idus de marzo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información