Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morosos involuntarios

lunes, 18 de febrero de 2008
Entendemos que hai morosos voluntarios e involuntarios. Voluntarios, os que non pagan aínda que poidan facelo; involuntarios, os que as circunstancias económicas non lles permiten facer frente ós pagos previstos.

Os morosos involuntarios produciranse pola minoración dos ingresos previstos ou o aumento dos gastos, de xeito que os cálculos inicialmente efectuados non responden ós resultados posteriores.

Vimos de coñecer que os impagos dos morosos involuntarios aumentaron en Galicia case un vintedous por cento o pasado 2007, cun importe de máis de catrocentos corenta millóns de euros. E entendemos que son morosos involuntarios porque as entidades crediticias saben moi ben a quen lle conceden un crédito.

Mal síntoma é este, cando se trata de pagos de bens ou servizos comprados a prazos, sexan unha viaxe ou un televisor, uns mobles ou un automóbil.

Que os resultados a escala do estado español sexan peores (case un vinteoito por cento de incremento), non mellora para nada a situación de Galicia, que evidencia unha importante incidencia negativa nos milleiros de economías do noso país, expostas a vaivéns incontrolados como o paulatino incremento de intereses por parte das entidades de crédito.

Os morosos voluntarios non merecen mención. Os involuntarios, merecen que as condicións económicas melloren, porque deles depende boa parte da tranquilidade económica do País.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información