Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Creación e Difusión Cultural

lunes, 11 de febrero de 2008
Galicia foxe da liberdade, se consideramos verdade a afirmación de que “A Cultura hanos facer libres”. Cremos que a lectura é o mellor xeito de asumir coñecementos, de adquirir cultura, de coñecer o que ocorre ó noso arredor, de saber de onde vimos, como e quen somos, onde imos, e que nos agarda no porvir.

Coñecendo, sabendo, podemos escoller. E a acción de escoller é unha opción e unha acción de liberdade. A lectura, por tanto, fainos máis libres. Fainos libres.

Pero a opción de ler é tamén unha opción libre, e non vai a máis precisamente neste noso país.

A federación de Gremios de Editories de España ven de facer público o seu estudio sobre a lectura no Estado español, considerando preocupante a situación de Galicia, xa que o hábito de lectura está nos últimos postos en relación co resto das comunidades.

Resulta que o maior nivel lector de España está no 65 por cento e corresponde a Madrid; a media nacional é do 56,9 por cento, e en Galicia está no 53%. Último lugar das comunidades, xa que de cada cen galegos corenta e sete recoñecen non ler nunca. Último lugar tamén na compra de libros por habitante en España.

Nun concello lucense – Outeiro de Rei- había en tempos na porta principal clavado un letreiro suponse que disuasorio para os numerosos vendedores: “No se compran libros”.

Parece como se o letreiro se houbese extendido a boa tarde do territorio da comunidade. Mágoa que así sexa. E fracaso absoluto para as autoridades competentes que se ocupen da promoción da lectura, e da difusión do libro, no noso País.

Non hai Cultura sin libros. E se os libros baixan, baixa
tamén a Cultura, por moito que haxa unha rimbombante Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural na Consellería de Cultura e Deporte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Distincións municipais: Hai corporacións que non saben o que teñen entre mans. Por eso non imos poñ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
Oferta Presencia Web
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información