Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Entroidadas!

domingo, 03 de febrero de 2008
Entroido igual a entrada. Na cultura cristiá é o tempo anterior á Pascua e segue a tradición de ser tempo festivo e liberador e con sabor a primavera, con licenza para a crítica e para axudar á nosa decaída auto/estima. A xente do rural (do que vimos a maioría) sabe de que vai. E por iso o celebra. Con comida familiar e con cheiro a liberdade e a liberación. Das poucas datas que a nosa xente sinxela do pobo se podía manifestar. Sen lindes e límites para a crítica e para a denuncia (¡sen ofender!) daquilo que non estaba ben e acontecía na súa entorna.

Cando os galegos dicimos (“¡es ou pareces un entroido!”) estamos a falar de algo raro, fóra de lugar, anormal. ¡Do esperpento, do espantallo!. Cando dicimos entroidada estamos a falar tamén das barbaridades, incoherencias e/ou contradicións. Sobre todo, das públicas que tentan disimular ou esconder, de xeito descarado, ou das enleadas nunha carauta ou disfrace.

Abondan no País. Hai dúas de sona e de gran calado. E tamén de escándalo: A entroidada dos políticos coas súas incongruencias, falsidades, insultos, silencios, mentiras e mesmo burradas nesta longa e aburrida campaña electoral e a recente (a dos bispos da CEE) coa desafortunada e incoherente nota tentando de orientar o voto cara un partido cando a súa especial misión (a de Xesús) debería ser dunha clara actitude de chamada á acollida, ao diálogo, á misericordia, á reconciliación, á paz, ao perdón e... ¡ao amor, a esencia da fe cristiá! O poder, segue a pór carautas e a se mostrar coma un esperpento e/ou espantallo. Uns e outros non se queixen de que os leven ás rúas. ¡Téñeno ben merecido! Esquecen que “a voz do pobo é a voz de Deus”
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información