Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cine e o bus que vai para Carral

jueves, 17 de enero de 2008
En España, se facemos caso das últimas cifras publicadas, o cine está de capa caída. Se ben en 2007 asistiron ás salas cento dous millóns de espectadores, en 2006 foron vinte millóns máis, e se nos remontamos no tempo, máis aínda. No último ano, pois, baixaron vinte millóns os espectadores do cine.

En Galicia as cifras son ben expresivas: A Coruña, 1.737.974 espectadores; Pontevedra, 1.452.107; Lugo, 335.461 e Ourense, 271.783 asistentes a proxeccións de cine en todo o ano 2007.

Lonxe quedan aqueles tempos nos que o cine era a única válvula de escape que tiñan as nosas ilusións e as nosas carencias, e calquera sala valía para sentarse a ver unha película. Íase ó cine, porque si, non para ver unha determinada película.

Os medios de expansión centuplicáronse, as comodidades nas vivendas esixiron parello confort nas salas, e a inmensa maioría non se deu adaptado ós novos tempos e desapareceu.

Hoxe a proxección cinematográfica está reservada para as cidades e os pobos máis importantes, co que o cine non existe precisamente nos lugares onde –por haber menos servizos- debería ter mellor acollida.

De todos os xeitos, non se poden ver estas cifras en termos absolutos porque antes para ver cine estaban, exclusivamente, as salas de exhibición cinematográfica pero agora, para ver cine están os infinitos canais de televisión públicos e privados, xeralistas ou específicos, están os xornais e revistas que reventaron o mercado do audiovisual regalando cintas e deuvedés, están as películas vendidas polos distribuidores, alugadas nos videoclubs ou baixadas de internet. O cine ten moitas competencias ou, mellor, o cine ten múltiples xeitos de existir, aínda que non conten para as estatísticas.

A este paso acabaremos revivindo aquel conto do Xestal, no que un rapaz na Coruña, despois de librar da mili por cego foi sorprendido no cine polo capitán médico que o revisara mentras ría a gargallas vendo unha película... Interpelado polo militar, respondeu...”¿No cine?!... Eu pensei que este era o autobús que vai para Carral!”.

Pois eso. Que como cines hasta hai que contar os autobuses, que tamén se convirten en cines proxectando películas para amenizar as viaxes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Observatorios: Unha comisión, esa era a solución ata hai pouco tempo para que determinado ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información