Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Argumenten, ou calen

lunes, 14 de enero de 2008
Os que somos votantes periodicamente, e durante os escasos períodos de calma testemuñas expectantes do traballo dos nosos políticos, agardamos poder aplaudir de cando en cando. Precisamente cando uns e outros – de calquera signo – dan proba de “sentidiño”, que non o fan demasiadas veces.

E non nos gusta que cando alguén berra un improperio un opoñente lle responda: “Ti, máis”. Nin cando lle lembra herdanzas recibidas, nin erros dos seus correlixionarios. Gostamos, todos os de a pé que cada vez entendemos menos de política, de que os argumentos sexan de peso, e se dea confrontación de ideas, e fuxindo de temas persoais se busquen mellores solucións para os temas que a todos nos afectan.

Entre Zapatero e Rajoy (xunto cos segundos e terceiro de a bordo) crúzanse dardos envenenados por tódolos demos da política. Entre os primeiros espadas galegos, pouco menos. E agora, os rapaces.

Os de NNXX (os máis novos do Partido Popular) criticaron algunha cousa do goberno do Psoe, na que xa nin entramos. E as XXSS (os máis novos do Psoe en Galicia) responden dicindo que non están capacitados para criticar polos antecedentes políticos do goberno do seu partido en Galicia. E quedamos como estabamos, estupefactos, porque pensabamos que os máis novos non ían herdar as malas formas dos xa afectados polas enfermidades da política.

Posiblemente os que se dedican á política teñan calculado as vantaxes e o risco das malas palabras e dos malos xeitos. Os que vemos o espectáculo desde fora coidamos que é este un mal camiño, que só consigue ir arredándonos cada vez máis dos temas públicos.

Se falan, argumenten. Se non o poden facer, ¡calen!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Xubilouse Ferrín: Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información