Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡Grazas, Frei Xosé!

miércoles, 09 de enero de 2008
Unha das súas derradeiras frases reflicten a grandeza de alma e calidade de vida que acreditou ata ao final, cando, na súa sinxeleza, confesa: ¡desexo ser exemplo para todos no intre desta miña enfermidade! Tamén, cando suplica ¡quero que me recordedes como un bispo que soubo sufrir e servir! De sufrimento e servizo estivo chea a súa vida, Frei Xosé. Así o recordamos e lembraremos sempre.

Lembro, con morriña, cando a comunidade diocesana de Lugo acollía, como regalo de Deus, a súa esperada chegada, ao comezo dos anos oitenta, creando e sementando esperanzas. ¡A década na que todo era posible! Cregos e leigos, relixiosos e relixiosas, nenos e xoves, adultos e anciáns, da cidade e do rural, das montañas e dos vales...todos e todas, en conxunto, estabamos ilusionados despois de termos soñado con levar ás nosas vidas e comunidades aquelas novas renovacións suscitadas polos Concilios do cambio (Vaticano II e Pastoral de Galicia) nos que tamén vostede, estivo profundamente mergullado e comprometido.

Non todo foi posible, Frei Xosé. Pero andouse camiño.E vostede estivo sempre á cabeza do proceso (aínda inacabado) e hoxe, máis pobre. Vostede e moitos de nós, intentámolo. Vostede deixou a súa vida no empeño pero seguen vivas as súas fortes e valentes pegadas. Por todo iso, e por todo o seu compromiso, a súa contrastada boa vontade e entrega á diocese de Lugo, en nome propio e de moitos máis queremos dicirlle, tamén en público: ¡Grazas, Frei Xosé, polo seu esforzo en vivir en plenitude e coherencia os dons sobrenaturais da fe, da esperanza e do amor! Pola coherencia en cultivar a súa intelixencia, sabedoría e mesmo a súa incrible memoria e poñer todas as súas calidades humanas ao servizo dos diocesanos/as, sobre todo dos pequenos. Grazas polos valores da súa entrega, do seu servizo incondicional; pola súa alegría, o seu sorriso e polas súas apertas espontáneas nas rúas.¡Grazas pola súa paciente escoita, pola súa actitude aberta ao diálogo, pola súa fortaleza, pola súa paciencia, constancia, humildade...Sobre todo, pola súa acollida, sinxeleza e humildade, herdadas do seu santo ben querido e mesmo preferido San Francisco. Grazas polo seu halo case familiar de proximidade aos demais, pola súa visible pobreza, aínda que vivise na soidade dun rumboso pazo. Grazas pola súa firme fe, xunguida á terra/galeguidade que, xunto co bispo Araúxo, foron os primeiros e adiantados no proceso de encarnación na Terra que os criou e lles da acubillo.

¡Que descanse en paz, amigo/irmán Frei Xoxé, na compaña e plenitude do Deus dos sinxelos e humildes! ¡Por algo se foi no Nadal!. Seguiremos a notar a súa presenza! ¡Grazas por todo!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información