Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Linda 2007

martes, 27 de noviembre de 2007
Nos meus veráns infantís no rural, aprendín nomes fermosos do animado e do inanimado, nun galego de cortello -como dicía o político- e non de granxa, que segue vixente corenta anos despois.

Ó ser as vacas como da familia, todas tiñan nome propio: Linda, Garbosa, Gallarda, Marela... Logo, nun tempo de invasión cultural, as pobres xovencas chamáronse Vanessa, Katerina ou Suelen, mirándose en santorais extranxeiros onde os nosos paisanos andaban a triunfar.

Por fin, as xatas deixaron de ser bautizadas con nomes propios, e o seu documento de identidade deveu nun número gravado nunha chapa colgada da orella que ven ser -perdoando- como o da Seguridade Social, que corresponde ó seu expediente sanitario vital.

Que de recordos me viñeron á memoria cando me enterei que hai unha “Linda 2007”, que representa non sei se a Lugo ou a Galicia, que vai participar na final de Benalmádena, tentando deixar moi alto o noso pavillón.

Aquela Linda de outrora era unha das miñas preferidas: corpulenta, pel moi branca, pacífica, que non moscaba nin nos días de máis calor. Pero como case nada é o que era, tamén nesto levei desilusión cando me enterei de que a “Linda 2007” non tiña nada que ver coa cabana vacuna do país, senón que era o título dun concurso de fermosura feminina.

Será fixación rural, pero non o dou entendido. E, polo “título”, non sei quen deben estar máis ofendidas, se as vacas ou as rapazas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Liñas aéreas galegas: Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo,...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información