Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Jiménez Losantos

martes, 20 de noviembre de 2007
Escoito a Jiménez Losantos cinco minutos diarios, arredor das sete e cuarto da mañá. Os seus comentarios son “afervoados”, incisivos, ás veces insultantes, e aínda que respira claramente, téñolle escoitado arremeter contra case todo, menos contra a xerarquía relixiosa, que deso xa se encargan outros.

No que eu escoito, non é moito máis insultante que algúns líderes dos primeiros partidos, pero este é xornalista, e os xornalistas non temos a mesma patente de corso.

Eu coñecín a Federico hai arredor de vintecinco anos. Eu estaba na Cope, el non. E entrevisteino para o programa “En Directo” que eu facía na emisora lucense que ven de cumprir corenta anos.

A Jiménez Losantos, entón escritor ben novo, secuestrárao un grupo independentista catalán, que o deixou en liberdade ó día seguinte despois de pegarlle un tiro nun xeonllo.

Eu comprendo que despois de algo así non lle quede moita querencia por quen respire parecido ós seus secuestradores. Pero cada quen é como é, e Losantos usa a palabra para defender as súas ideas, e quen queira levarlle a contraria faga o mesmo e non se dedique a apedrear emisoras logrando unha sonora victoria sobre a señora da limpeza que naquel momento se dedicaba a poñer orde no que os radiofonistas descompuñeran durante o día.

Eu teño a experiencia de estar sitiado por unha turba enardecida hai pouco máis de catro anos. Entre a pedra e o sitio, prefiro a Federico.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Liñas aéreas galegas: Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo,...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información