Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lonxe de Chavez

martes, 13 de noviembre de 2007
Co magnífico país de Venezuela úneme unha infantil querencia polo lugar onde en tempos tiven un tío. Volveu hai máis de corenta anos porque fixera algún carto e quería vivir máis tranquilo.

Outro floxo vencello con Venezuela é o ter coincidido no Instituto de Lugo (1958?) cun rapaz xa maior apelidado Zambrano, da clase dirixente venezolana, que fixo varios cursos nun, para acomodarse ás titulacións españolas.

E ó ter “formación” radiofónico/televisiva, con Venezuela conéctame -mellor, desconéctame- a paixón mediática do presidente Chavez que, golpe a golpe, palabra a palabra, convence ós seus votantes con persuasión cuartelera.

E nesto, que don Juan Carlos “mandó a parar” ó Presidente venezolano Chavez, e o feito difundiuse “urbi et orbe”.

Hai anos, o embaixador en Cuba, Lojendio, interrompeu a Fidel Castro nun discurso en directo na TV cubana, no que poñía a España como só un fillo de españois sabería facelo. Lojendio durou un par de días máis como embaixador, pero quedou ben satisfeito.

Neste caso o Rei, defendendo a Aznar, -o que tamén facía Zapatero- tivo un xesto quizais pouco político, pero tremendamente humano.

Se todos os pobos teñen o que merecen, síntoo polos venezolanos, porque visto está que o nivel dos nosos dirixentes con non ser brillante tería moito que baixar para chegar ós penosos raseiros chavistas. Hoxe non tratei temas lucenses. Que ben que esto nos quede tan lonxe!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información