Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Para adiantados, Nós

viernes, 02 de noviembre de 2007
A nova de que a Lei da Memoria Histórica vai evitar que no veciño Ribadeo desapareza do seu rueiro o nome de Pancho Maseda, trae á nosa consideración diversos episodios relacionados coa nomenclatura das vías públicas da nosa vila.

Pancho Maseda, a quen non temos a honra de tratar persoalmente, foi un alcalde franquista, do que sempre nos chegou noticia da súa bonomía e humanidade; sencillo e afectuoso no trato, intelixente e amante da cultura, ribadense afervoado, rasgos que en boa medida definen a súa personalidade. Ó parecer é o feito de non ter sido un “sublevado” cando o dramático sucedido da guerra civil, o que salva o seu nome na rúa.

Polos anos sesenta os nosos gobernantes asignaron ó nomenclator do rueiro os nomes de focegos -Franco, José Antonio, Calvo Sotelo e demais xa estaban- ex-alcaldes e caídos no frente, evidentemente dos vencedores, pois tampouco temos referencia de veciños nosos que perderan a vida loitando no bando republicano.

Por aqueles tempos diuse o nome de Folke Pherzon a estrada que segue hacia Viveiro dende o Camiño dos Casás. Este sueco era o presidente de Tafisa Internacional, a empresa que proxectaba a instalación dunha gran fábrica de taboleiros de aglomerado nos terreos adquiridos en Vilarmea-Fazouro; fracasada a operación pasaron á propiedade de Celulosas del Cantábrico, que tampouco foi quen de levar adiante a súa intención de establecer unha factoría de celulosa; terreos hoxe ocupados polo polígono empresarial.

Pero os focegos, sempre tan adiantados, empezamos por dedicarlle unha rúa a Folke Pherzon, personaxe do que nunca mais se soubo.

Hai uns anos e adiantándose unha vez mais ós aconteceres da historia, neste caso a promulgación da Lei da Memoria Histórica, o rodillo “democrático” do concello barreo dun plumazo, sen mais consideracións, os nomes -tampouco “sublevados”- que as corporacións da época franquista colgaran nas rúas. Salvou Paco Maañón pola reacción ciudadá pois él foi - con independencia de ideoloxías e mesmo de filias e de fobias- o alcalde histórico de Foz. Tamén resultaron indemnes os mestres Noriega, que cos seus versos cantara a Franco e a Falanxe e Salgado Toimil, primeiro republicano e despois activo franquista; claro que é ésta unha historia moi repetida que de se ter hoxe en conta -pretenza ou relación coa falanxe, frente de xuventudes e demais órganos do “movemento”- rebaixaría de xeito importante a multitudinaria nómina de políticos en activo.

Evidentemente moitos dos rexedores xa o foran antes do 18 de xullo do 36; pero non importaba: o que manda non roga. E nesa voráxine incontrolada deuse un feito singular e paradóxico: veo abaixo tamén a placa que sustentaba o nome de Francisco Fuente, o primeiro alcalde socialista da historia do noso concello, fundador do PSOE local e da UGT; curiosamente fora unha corporación municipal franquista a que dera o seu nome á rúa, que o mantivo por moitos anos, mesmo ata o fin do réxime. Aquí fíxose realidade o temor e a advertencia que se atribue a un político galego, xa desaparecido, con aquela frase histórica: ”¡ollo, que veñen os nosos!”

Esperamos que ahora, que vivimos tempos de recuperación de nomes para a Memoria, sexa reposto no rueiro o de Francisco Fuente, a nivel local o mais relevante e carismático referente democrático daquela convulsa e irracional etapa da nosa historia. Para non ser menos que as corporacións que os precederon, os da nova precisaban tamén o toque exótico dun nome extranxeiro e así, espremendo os miolos, deron con él: Mijael Gorbachov (¿de ascendencia focega, acaso?), que dende entón aí o temos dando a imaxe cosmopolita e universalista, que para algo somos un pobo “de progreso”.

Nós sempre por diante…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información