Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viva Galicia ceibe!

martes, 02 de octubre de 2007
Hai uns días, no peche dunha obra, vin unha consigna que chamou a miña atención: “Viva Galiza ceive”(sic.), e veume á memoria a historia do lucense detido hai algo máis de corenta anos, por pegar nos escaparates da Avenida da Coruña pegatinas co texto “Viva Galicia ceibe e socialista”.

Gracias ós bos oficios dun destacado político e avogado lucense, a cousa non foi a maiores. Aínda así, a prohibición de acceso á Universidade, condicionou toda a súa vida.
Entón, Franco aínda forte, dar vivas a Galicia ceibe e socialista, era subversivo, delictivo, traición.

Pasaron catro décadas. Galicia é socialista, ou alomenos o é o presidente do seu goberno, e boa parte dos alcaldes dos concellos. ¿Esta é a Galicia socialista coa que soñaban aqueles ilusionados loitadores contra o franquismo?. Galicia é ceibe de moitas ataduras, ten goberno de seu, é dona de si para moitas decisións. ¿É esta a liberdade soñada?.

Posiblemente alguén con anos e experiencia para xulgar na distancia podería dicir coma Ortega, “Non é esto; non é esto”. E sen embargo esta era a reivindicación.

A pintada de hai uns días, non di nada de Galicia Socialista. Só reivindica “Galicia ceive”. O que fixo a pintada parece considerar que o resto xa está conseguido.

Eu non quixera estar na pel do loitador de outrora, por se este non era o seu soño. O das pintadas de hoxe, un pinzo, que nin sabe o que quere nin como se escribe.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Liñas aéreas galegas: Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo,...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información