Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Agora os lumes!

domingo, 05 de agosto de 2007
O pasado domingo, falamos da abundancia de fumes (fervores, na Terra Chá) na elite política galega. E seguen. ¡Ata ao esperpento!. Agora, coa tolemia de converter a polémica Cidade da Cultura en Patrimonio da Humanidade. ¡Isto cheira a provocación!

Non atenden o Camiño Francés (¡Veterano Patrimonio!) e ousan resucitar a noutrora criticada megalomanía. O que hai que oír e ollar nesta Terra. Semella se perdeu a vergoña. Tamén na vida pública oficial. Que estraguen o Camiño os propios responsábeis da súa defensa e, por riba, teñan cara para pedir máis no Xacobeo 2010... é pórlle moita cara ao asunto. Lembren feitos: a manifestación internacional do domingo por mor do polígono no concello de O Pino, a ilegal e descarada invasión do Camiño Francés para convertelo en núcleo rural en Fonfría (Pedrafita) e os aínda abandonados e ilegais barracóns de Liñares e Portomarín.

Testemuñas permanentes. ¡Á vista de todos! E, como complemento da semana, levar ó Punto Limpo de Portomarín (temporalmente) o desexado e esperado traslado da estatua do Apóstolo, que tiña que ser mudada pero con sentidiño e máis respecto á propia imaxe e ao concello e pobo de Portomarín, agora que non, precisamente, escaseza de plenos.

Ao Consello de Contas da Xunta “non lle saen as contas”. Nas débedas do SERGAS, nas dos aparcadoiros da biblioteca Cidade Cultura, no cobro dos millóns que debe a UE... A moitos de nós, tampouco. Mesmo que de 94 detidos polos incendios só Un estea na cadea. Grazas que o clima está a colaborar, se non estariamos loitando (¿¡outra vez desunidos!?) contra ao lume.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información