Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡O Patrón Santiago!

viernes, 20 de julio de 2007
O vindeiro mércores os católicos celebramos a festa do Apóstolo. Ademáis de Compostela, Santiago é patrón de España (“de las Españas”, di o himno), de Galicia e titular de máis de cincocentas parroquias galegas. Tamén de moitas de América.

Curiosidades. Na diocese de Lugo hai un cento de igrexas dedicadas a Santiago. Á beira dos camiños. No Francés, hai máis dedicadas a San Xoán, por mor da Orde dese nome e da Encomenda de Portomarín As de Santiago son: Triacastela; Estraxiz, Renche e Zóo, en Samos; Castelo dos Infantes, Farbán e Barbadelo, en Sarria; Laxe, en Paradela; Ligonde, en Monterroso; e as de Albá, Cabana e Lestedo, en Palas do Rei.

Son posteriores ao século X. Logo da aparición do sepulcro e a presenza de peregrinos. Para os galegos/as das vellas xeracións privaba máis a devoción aos santos avogosos en curar doenzas de persoas e animais. San Mamede, San Martiño (Dumio), Sambreixo, San Antón Abade, Santa Mariña, Santa Olaia, San Andrés de Teixido...ían por diante.

Algo do que tampouco se fala. Que, a pesar do mal que lles sentou o “voto de Santiago” (imposto) foi entrando na devoción popular e elixírono patrón de curiosas profesións urbanas: farmacéuticos, drogueiros, ferreiros, cereiros, tecedores, curtidores... Máis tarde tamén dos guerreiros e avogoso contra o reuma, favorecedor da maduración das mazás, peras e cereais. E mesmo para o bo tempo. ¡Que boa falla fai este ano!

Hoxe en día, a Festa, sobre todo en Compostela, ten cheiro a confusión e a botafumeiro.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información