Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño -Pan compartido

viernes, 08 de junio de 2007
COMPRE erradicar a fame. Todas as fames. Comezando pola física. Somos quen de facelo, xa que multiplicamos pans e peixes. ¡A comida! Temos dabondo para os 6.300 millóns de humanos da Terra. Só falla dar o outro paso: repartila e compartila.



840 millóns de famentos e 1.500 sen auga potable esperan do rico mundo de Occidente faga real o outro milagre (tamén posible) de sentar na mesa da irmandade á familia humana completa. E nas mesas das escolas aos 500 millóns de nenos/as sen escolarizar.



A festa do Pan compartido (Corpus) é símbolo da festa dos pobres. A da esperanza, do futuro que esperan (¡e teñen dereito!) os pobres. Unha forte e urxente chamada aos que rebordamos de comida, para decidírmonos a facer real a xustiza. “Os dereitos humanos son universais. As oportunidades tamén deberían selo”, dinnos desde Cáritas. As diferenzas económicas Norte/Sur, ricos/pobres son abismais. Poñen á luz a cruel inxustiza do mundo acaparador do que vostede e mais eu somos parte. Unha vez máis o G-8 ven de regalar promesas (case sempre incumpridas) de 60.000 millóns para enfermos de África. Esperamos non se queden no camiño e/ou .



Que a Unión Europea multe por exceso de produción e pague por abandonar terras para non baixar prezos e medre o negocio é a meirande das inxustizas. Insulto ao ser humano e hipocrisía. Dar pan aos famentos esixe transformar estas estruturas inhumanas.Para mudalas fai falla o cambio da mente/corazón. De nada serven laios senón facemos algo para mudar este mundo. Somos cómplices senón arrimamos as costas empezando pola casa. En Lugo tamén hai fame. Diso falaremos o próximo domingo, día da Ofrenda.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información