Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Os bens da Igrexa (II)

viernes, 01 de junio de 2007
Retomamos tema. Os bens materiais/culturais de titularidade eclesiástica máis preto de nós son as igrexas, utilizadas para o culto e abertas a actividades socio/culturais. O que orixina gastos de mantemento que asumen, na súa maioría, cregos e fieis.

A diocese de Lugo conserva o meirande legado arquitectónico románico de Galiza. Sobresaen a catedral de Lugo, mosteiros/conventos e centos de igrexas e capelas rurais e as clásicas da Ribeira Sacra e das catro rotas do Camiño de Santiago.

Os bens que gozamos os galegos (cos peregrinos e turistas), estean ou non declarados Patrimonio da Humanidade, Europeo ou BIC (Bens Interese Cultural) por riba das nosas crenzas, han de ser protexidos. “Non chega coas leis, recomendacións e sancións, senón que se precisa a colaboración de todos”, subliñamos o pasado domingo.

Co desexo de colaborar e de compartir responsabilidades, agora que hai máis cultura e concienciación de que todos somos necesarios (como na loita contra o lume) e que dispoñemos de máis medios, pedimos á administración (sobre todo Patrimonio) máis presenza, diálogo, escoita e colaboración coas persoas que están ao pé de obra.

No rural, ¿quen defende e protexe aos cregos e veciños que vixían e coidan, a diario, esta riqueza, tanto nas parroquias illadas da Montaña como nas dos Camiños que están a facer máis fermosa a provincia de Lugo? ¡Fai falla máis compromiso... e compartido!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información