Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: O San Cidre

sábado, 12 de mayo de 2007
A festa do San Cidre lémbranos a vella e rica Galiza rural, a piques de perder a súa identidade e de morrer afogada pola esta aloucada sociedade urbanizada e globalizada. O imparable abandono do rural agrava a desfeita, medrando a soidade e a pobreza.

Esta semana celebran festa na provincia de Lugo as freguesías de Sexosmil (Meira), San Xoán de Lóuzara (Samos) e Viduedo (Triacastela).Tamén fan festa/feira os labregos/as de Sarria, Paradela, Castro do Rei e o barrio urbano da Piringalla en Lugo/cidade.

O Movemento Rural Cristián celebrouna, onte, na Zona de Mesía (A Coruña). Co lema coidando a Terra para a vida, centos de labregos/as denunciaron o abandono do noso agro que está a perder seis empregados por día (96.162 entre 1995 e 2006), os abusos nos prezos dos intermediarios (subiron o 2000% na carne de polo, o 377% na do porco e o 165% nas patacas) e o feito de que 15.000 gandeiros se enfronten á inevitable crise. Dos 54.490 inscritos na agraria, o 92% son por conta propia. A baixada de prezos chega cando a produción sube. Hai 230 cooperativas bloqueadas por falla de industrialización.

Con este panorama é difícil celebrar, con fe e ledicia, a festa do Patrón. Pero aínda lles quedan folgos a estes milleiros de labregos/as para compartir sementes autóctonas e cantar: “San Cidre, santiño amigo -patrón da xente labrega- ti que soubeches xuntar -o culto coa fe e a terra- axúdanos a confiar - no Deus que cura e libera” (M.Regal) Só lles queda a lembranza e moitas arrobas de esperanza. ¡Que boa falla lles fan!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información