Noticias

La Delegación de la Xunta en Buenos Aires acoge la exposición Nós mesmos

La muestra, promovida por el Consello da Cultura Galega, narra el nacimiento y la evolución de las asociaciones creadas por los emigrantes gallegos en sus países de destino. El secretario xeral de Emigración pide la puesta en valor del patrimonio histórico, ético y económico de la emigración gallega.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta:

O Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, chamou a poñer en valor o patrimonio histórico, ético e económico da emigración galega”. Fíxoo na inauguración da exposición “Nós Mesmos” que o Consello da Cultura Galega desenvolveu arredor a historia do asociacionismo galego na emigración e que estará aberta ao público durante un mes no Salón Maruxa Boga da Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires.

Nun acto con preto de 200 persoas, no que tamén participaron a Delegada do Goberno galego en Arxentina e Uruguai, María Xosé Porteiro, e Emilia García Domínguez como representante do Consello da Cultura Galega, Manuel Luis Rodríguez asegurou que esta mostra que fai un percorrido cronolóxico polas iniciativas asociativas dos cidadáns galegos nos países onde emigraron “é un xeito de concretar o compromiso asumido polo Goberno galego respecto da solicitude do Consello das Comunidades Galegas para a valorización do patrimonio da emigración galega”.

Rodríguez animou a todos os membros da colectividade a visitar a exposición e recoñecerse neste relato cronolóxico do nacemento e evolución das asociacións, entidades e agrupacións creadas polos cidadáns galegos residentes no exterior. “Esta exposición é unha homenaxe aos centros galegos e á colectividade toda”, dixo. “É a realización deste recoñecemento que nos ten demandado” o Consello das Comunidades Galegas e poñer en evidencia ese traballo das entidades en todo o mundo que nos fai “sentir orgullosos deste legado”. “Temos que valorizar o traballo dos centros que, como en Buenos Aires, conseguen ter nas súas programacións mesmo conferencias de Premios Nobel”, concluíu.

Así mesmo, o Secretario Xeral de Emigración do Goberno galego quixo facer énfase no papel da muller no movemento migratorio. “Está tapado –dixo- pero hai que facelo visible e poñer cada cousa onde corresponde”. Neste sentido, engadiu que fai xa 80 anos existían grupos de mulleres galegas na elite social dos países de destino.

A Delegada da Xunta en Buenos Aires, María Xosé Porteiro, manifestou, pola súa banda, a súa ledicia por contar cunha exposición desta categoría na Delegación e existen mil razóns como esta para celebrar o mes de Galicia en Arxentina.

A inauguración desta exposición é un dos eventos destacados da programación do Mes de Galicia en Arxentina. A mostra está composta por 62 paneis organizados en 7 capítulos que narran a historia do asociacionismo galego na emigración dende as súas orixes, no século XVIII, ata a actualidade. Nela inclúense fotografías, documentos e testemuñas dos “protagonistas”, segundo explicou a representante do Consello da Cultura Galega, Emilia García Domínguez. Segundo indicou na súa intervención, o Consello ten entre as súas prioridades de actuación o traballo de análise e preservación da cultura galega, así como a súa proxección exterior. Neste contexto, sinalou, deseñouse esta exposición que “destaca a capacidade da sociedade galega para organizarse nos sitios de destino na súa emigración”.

A mostra permanecerá aberta ao público durante un mes nas instalacións da Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires.

A presidenta da Asociación da Prensa Española en Arxentina (APEA), Pilar González Torrilla, fixo entrega neste acto do galardón anual que concede esta institución aos persoeiros que teñan contribuído a mellorar a relación entre España e Arxentina. O premio de APEA de 2008 recaeu no Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, polo seu traballo nesta dirección.

NoticiaO secretario de Emigración agradeceu a distinción e anunciou que este ano o seu departamento vai poñer en marcha unha liña de axudas aos medios de comunicación e xornalistas que desenvolvan o seu traballo na emigración, posto que, segundo expuxo, “contribúen decididamente á conservación e difusión da cultura, a lingua e a imaxe de Galicia no exterior”.

Entre o numeroso público asistente á inauguración da exposición estaban tamén o actor arxentino de orixe galega Eduardo Blanco e mais os integrantes do grupo musical galego Fía na Roca, de xira por Arxentina e Uruguai. Blanco e a cantante do grupo asinaron no Libro de Honra da Delegación.

R., 2008-07-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (jornada_apyo_empresas.jpg) En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
Foto de la tercera plana (expo_as_nosas_palabras_mund.jpg) La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

Notas

A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.
A Xunta posiciónase cos gandeiros e asegura traballar a fondo para salvar as dificultades e conseguir unha estabilidade para o sector leiteiro, considerado estratéxico para Galicia. Pide a activación de medidas concertadas na UE.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información