Noticias

El Festival Internacional de DerHumALC de Buenos Aires incluye la proyección del documental de Margarita Ledo: Liste, pronunciado Lister

La Delegación de la Xunta de Galicia en Buenos Aires acogió la presentación del X Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos que se desarrolla entre el 8 y el 14 de mayo en la ciudad argentina. El documental Liste, pronunciado Lister, de Margarita Ledo Andión, ocupó un papel central en el acto.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires vén de acoller a presentación da décima edición do Festival Internacional de DerHumALC, Cine de Dereitos Humanos. Este ano, o certame desenvólvese entre os días 8 e 14 de maio e incluirá a proxección do documental “Liste, pronunciado Lister”, dirixido por Margarita Ledo Andión.

No acto público de presentación participaron o Director do Festival, Julio Santucho, a Delegada da Xunta de Galicia, María Xosé Porteiro García, e Margarita Ledo, directora do documental, que cualificou o seu traballo como “unha película sobre o século XX” narrada na historia dun home. Neste sentido, subliñou que é símbolo dunha época, engadindo, ademais, que “todo o que eles proxectaron e quedou sen construír aínda pode construírse”.

Pola súa banda, Julio Santucho asegurou que existen dous motivos para ter convidado a Margarita Ledo a participar nesta edición do Festival. Por unha banda, dixo, pola coincidencia absoluta do filme coa sección “Memoria e Dictadura” do Festival e pola vontade de “estreitar lazos con todos os realizadores que están empeñados nos esforzos de recuperación de memoria”. Deste xeito, subliñou a participación do filme galego como “unha achega importante tanto polo contido como pola forma”.

María Xose Porteiro referiuse na súa intervención á figura de Margarita Ledo como a dunha “muller que loita polas causas nas que cre, que teñen que ver co progreso da humanidade” e “como militante por Galicia”. Ao tempo, congratulouse polo ingreso da cineasta e intelectual galega na Real Academia, o que a converte na quinta muller membro desa institución.

Este documental está baseado na historia de Xesús Liste (Ameneiro, 1907/Enrique Líster, Madrid, 1994), quen a comenzos da guerra do trinta e seis acolle un R a finais do seu nome familiar a resultas da pronuncia de brigadistas escoceses ou tal vez porque existe un marca ‘Lister’ de xeradores de enerxía. Iste neno de aldea que, como nas cantigas para chamar ao sono, chega a xeneral. Ten participación nos exércitos ruso, polaco e iugoslavo durante a guerra mundial e despois, coa chamada ‘guerra fría’, no Consello Mundial Pola Paz.

O neno Xesús Liste –de pai canteiro e de nai campesiña- emigra a Cuba no 1918 e a súa historia personal correrá parella coa do século: en 1927 entra no Partido Comunista Cubano e en 1928 regresa a Galicia onde organiza o Sindicato de Oficios Varios da súa comarca, Teo. O cárcere e unha dura condena pendente aconsellan que saia cara Moscú. Ao seu regreso, en 1935, é responsábel do traballo antimilitarista nos cuarteis de Madrid e, de súpeto, a guerra: civil, mundial, fría... máis un R incoporado para sempre ao seu nome, unha historia de amor que se inicia cun baile amenizado pola Orquestra da 11 División en Caspe, novembro de 1937 e aquela homenaxe en La Habana, 1961, que é cando Ché Guevara o honra coa frase ...”en tu columna contento lucharía”.

Margarita Ledo Andión é directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Publicacións recentes: Cine de fotógrafos, Premio Fundació Espais d’Art Contemporani, 2005, Barcelona, Gustavo Gili; Del Cine ojo a Dogma95, 2004, Barcelona, Paidós: Galicia- Finlandia: Modos de Pensar, (co-editor, Tapio Varis), 2002, Consello da Cultura Galega, Compostela; Production télévisée et identité culturelle (co-autora con Jacques Guyot e Roland Michon) 2000, Rennes, PUR; Documentalismo fotográfico: éxodos e identidade, 1998, Madrid, Cátedra.

Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona, foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles, Université París 8; Department of Theatre, Film and Tv Studies, University of Wales-Aberystwyth: Département de Sciences de l’Information et de la Communication, Université de Haute Bretagne, e no Dublin Institute of Technology. Preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM); é membra da Comisión Executiva da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AEIC) e do Consello editorial das revistas científicas A Trabe de Ouro (Sotelo Blanco Edicións, Compostela) e Trípodos (Universitat ramonllull, Barcelona).

Entre os seus films destacan, no que a dirección e guion se refire, Santa Liberdade, 2004, España/Brasil/Venezuela, documental, 87 m. Escolma dalgúns festivais nos que entrou en competición: VII Festival de Cine Español de Málaga, 2004; II Festival Internacional de Cinema Documental, Lisboa, 2004; 12 Mostra Internacional de Film de Dones, Barcelona, 2004; XXI Festival de Cine Latinoamericano de Trieste. Estrea comercial: Cines Verdi, Madrid e Barcelona, 11 de xuño de 2004 Producción: CCCV,Cine Clube Carlos Varela, dirección e guión: Ramiro Ledo Cordeiro, Galiza 2005, 65m. Montaxe en honra do cineasta militante Carlos Varela, a partir dos seus arquivos fílmicos, con motivo dos 25 anos da súa morte.

R., 2008-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (ninos_movil.jpg) Los datos de la última Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y la Comunicación en los hogares 2008 publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE), y recogidos por Europa Press, reflejan que el 60,7% de los niños gallegos tiene teléfono móvil. Galicia es la segunda comunidad española con menor porcentaje de niños que usan móvil.
Foto de la tercera plana (academia_galega_portuguesa.jpg) La Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), inaugurada en Santiago de Compostela, nace con la vocación de "concienciar a la sociedad" del carácter "lusófono" del idioma gallego, que fue calificado de "forma de portugués". El presidente de la AGLP, José-Martinho Montero calificó el gallego como "Portugués de Galicia".

Notas

A Fundación 10 de Marzo (F10M) publicou recentemente dous novos libros. Un deles é a biografía de Ángeles Fernández Dopico, 'Angelita', sobre a vida e loita desta mugardesa. O outro é unha continuación escrita da homenaxe que recibiu o ex deputado Anxo Guerreiro.
O establecemento de turismo rural situado na localidade de Dombodán foi construído en 1523 e na actualidade está rehabilitado con materiais propios da zona nun lugar de alto valor paisaxístico.

Editorial

Respectar o Parlamento: Nós, pobo, respectamos o Parlamento de Galicia como a primeira institución ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información