Noticias

El Centro Coreográfico Galego estrena en A Coruña el montaje Kiosco das almas perdidas

La obra, que se presenta en el Teatro Rosalía de Castro entre el 29 de febrero y el 2 de marzo, está dirigida por el coreógrafo catalán Roberto Oliván y ofrece música en directo de Mercedes Peón. Tras esta puesta en escena el montaje emprende una gira por Galicia y otras ciudades españolas como Sevilla y Barcelona.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia:

O Centro Coreográfico Galego (CCG) estrea o 29 de febreiro ás 21.30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña Kiosco das almas perdidas, unha montaxe dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván con música en directo de Mercedes Peón. A peza permanece no teatro coruñés o sábado 1 e o domingo 2 de marzo. Despois emprende unha xira por toda a xeografía galega e por espazos das artes escénicas tan relevantes coma o Teatro Central de Sevilla, Laboral Escena de Xixón ou o Mercat de les Flors de Barcelona, dentro da programación do Festival Grec.

Con esta montaxe o Centro Coreográfico Galego busca a captación de novos espectadores para a danza, a través de novas linguaxes escénicas, que mesturan distintas disciplinas e que conectan co público máis novo. 'Kiosco das almas perdidas' é froito da residencia de Roberto Oliván durante tres meses en Galicia, e está coproducido por Laboral Escena de Xixón.

A presentación do espectáculo tivo lugar a cargo da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; Roberto Oliván, director do espectáculo; e Mercedes Peón autora e intérprete da música, nun acto especial que se desenvolveu nos exteriores da Torre de Hércules, e no que estiveron tamén Miguel Martín, xerente do IGAEM e Natalia Balseiro, coordinadora do CCG. O acto contou coa interpretación musical en directo a cargo Mercedes Peón e Xosé Lois Romero, e a actuación do elenco de 'Kiosco das almas perdidas'. Con este xesto, o Centro Coreográfico Galego quixo amosar o seu apoio á candidatura deste monumento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Este traballo é unha reflexión sobre a vida e sobre a nosa capacidade de resposta ante ela. No escenario amósanse individuos expulsados, desconectados e abandonados, que buscan unha nova fórmula de supervivencia. 'Kiosco das almas perdidas' está inspirado nun lugar da cidade de Vigo, un punto de encontro entre personaxes dispares unidos por un forte carácter que se atopan no abrente do día.

Para levar a cabo este proxecto Roberto Oliván reuniuse con profesionais de distintas disciplinas, buscando a colaboración entre eles. Este xeito de traballar, aberto e dinámico enriqueceu ao máximo a proposta. Unha proposta que conta con profesionais como Mercedes Peón a cargo da música, o Mago Antón na asesoría máxica, Baltasar Patiño na iluminación, Muriel Felix na videocreación, Roberto Magro ‘Tober’ na dramaturxia ou Fiumfoto na videocreación.

Sobre o escenario once bailaríns de distintas nacionalidades dan vida a uns personaxes que viven no límite, espidos de formas e regras. Roberto Oliván propón ao espectador a busca dun lugar no que ser un mesmo, a través dunha proposta escénica sen artificios na que se mesturan distintas disciplinas para amosarnos a alma espida do ser humano.

Coreógrafo catalán formado no Institut del Teatre de Barcelona e na P.A.R.T.S. (Performing Arts Reseach and Training Studios) de Bruxelas, Roberto Oliván é un dos creadores máis destacados da danza contemporánea. Presenta este traballo despois dunha longa estadía en Bruxelas onde desenvolveu a súa actividade artística como intérprete e creador ao lado de grandes profesionais como Anne Teresa de Keersmaeker, Josse de Pauw, Trisha Brown ou Robert Wilson.

Dende 1996 crea as súas propias coreografías e imparte clases en distintos centros europeos. En 2001 funda a súa compañía Enclave Dance Company. É tamén o director artístico do Taller Internacional de Danza Contemporánea de Tortosa dende o 2004. Este taller celébrase anualmente no mes de xullo e nel participan bailaríns e estudantes de todo o mundo.

Con 'Kiosco das almas perdidas' o Centro Coreográfico Galego pretende apoiar aos novos creadores e abrir fronteiras, potenciando así o intercambio entre profesionais da danza, ofrecéndolle aos artistas a posibilidade de achegarse a outros xeitos de entender a arte e de enfrontar o proceso creativo.

R., 2008-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (nunez_feijoo_rp.jpg) El presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, manifestó u "compromiso" de visitar hasta la Navidad los 315 ayuntamientos gallegos con el propósito de recoger las "inquietudes" de la ciudadanía de cara a la elaboración del programa electoral de su partido para las elecciones autonómicas de 2009.
Foto de la tercera plana (primeros_diarios_gallegos.jpg) La obra Primeiros Diarios Galegos (1808-1809), editada en cuatro volúmenes por el Consello da Cultura Galega y con la colaboración de la Secretaría Xeral de Comunicación, muestra los orígenes de la prensa gallega y sirve para conocer la relación que se establece desde hace años entre medios de comunicación y poder.

Notas

Enmarcada nos actos conmemorativos do 150 aniversario da declaración de Ferrol como cidade, a mostra do Museo de Herrerías arranca coa viaxe que a Galicia da raíña Isabel II efectuou en 1858.
Tempus es el nuevo vehículo urbano y ecológico que fue presentado en la Feria Internacional del Autobús y el Autocar (FIAA) que se celebra en Madrid. Sorprende por su diseño y sus innovaciones técnicas.

Editorial

Observatorios: Unha comisión, esa era a solución ata hai pouco tempo para que determinado ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información