Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia:
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está promocionando os produtos frescos e transformados do sector pesqueiro galego en Alemaña no marco da Feira Fish Internacional, na que o departamento autonómico participa cun stand. Ademais, o director xeral de Estruturas e Mecados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, realizou na xornada de hoxe unha visita ao recinto no que se desenvolve esta cita.
Fish Internacional é un certame de carácter internacional que se celebra cada dous anos e que, nesta ocasión, ten as súas portas abertas dende o domingo día 10 ata mañá martes 12 de febreiro na localidade alemá de Bremen. O obxectivo principal da presenza da Consellería de Pesca nesta feira é impulsar a promoción da imaxe nacional e internacional do sector pesqueiro galego.
Deste xeito, o departamento que dirixe Carmen Gallego participa no evento cun stand de 171 metros cadrados no que, ademais da representación institucional, teñen cabida sete coexpositores que conforman unha pesquena mostra do sector comercializador e transformador pesqueiro de Galicia.
O apoio aos produtos do mar galegos é unha aposta da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e así se vén manifestando a través da participación en diversos certames nacionais e internacionais. Bo exemplo disto é a presencia do departamento que dirixe Carmen Gallego en eventos como Conxemar, celebrado o pasado mes de outubro en Vigo; a European Seafood Exposition que tivo lugar en abril de 2007 en Bruxelas; ou a celebrada en Rímini (Italia) en febreiro do ano pasado.
La Operación de tráfico 25 de julio 2008 se pone en marcha a las 15.00 horas del 24 de julio y se prolonga hasta la medianoche del domingo 27. La Dirección General de Tráfico destaca que las carreteras con mayor intensidad de tráfico en esta operación en Galicia serán las autopistas y autovías AP-9, A-6, A-52, A-55, y las la carreteras N-550 y la N-634.
Aunque la recuperación de la fachada ocultará su "esplendor" durante el tiempo que permanezcan las obras, la Fundación Barrié de la Maza combinará los trabajos de restauración con visitas guiadas, que permitirán a los visitantes acercarse al Pórtico subidos al andamio, al respecto de lo que el Cabildo agradeció esta "experiencia extraordinaria".

