Noticias

Pesca publica en su web el anteproyecto de la Ley que regulará la actividad pesquera en Galicia

La nueva norma nace con el compromiso asumido por Carmen Gallego con su llegada al Gobierno de poner en marcha un nuevo rango legal que elimine trabas burocráticas. Constituído el grupo de trabajo en el seno del Consello Galego de Pesca encargado de elaborar un dictamen sobre el documento.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca de la Xunta de Galicia:

A páxina web da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (http://webpesca.xunta.es) publica o Anteproxecto da nova Lei de Pesca de Galicia co obxectivo de recoller as alegacións que se fagan a este texto. Deste xeito, o departamento que dirixe Carmen Gallego quere facer partícipe a todos os interesados do documento normativo a través desta canle como xa fixo o pasado mes de xaneiro.

Naquel entón, a Consellería, en pleno proceso de redacción da nova norma, puxo en marcha unha ampla consulta coa creación dun Buzón de Suxerencias tamén na web. Así, todo o sector, dende a pesca extractiva ata os comercializadores, pasando polos axentes sociais, puido trasladar ao departamento autonómico os elementos de preocupación que está a xerar a vixente lexislación, así como as suxerencias e aportacións que considera que a nova lei debe recoller.

Por outra banda, quedou constituído no seo do Consello Galego de Pesca un grupo de traballo que será o encargado de iniciar o debate sobre o documento normativo e posteriormente elaborará o ditame correspondente. Este grupo está integrado por cinco representantes do ámbito pesqueiro, concretamente do sector acuícola, do ámbito da transformación, das confrarías de pescadores, das organizacións sindicais e da pesca de altura e gran altura de Galicia.

A primeira xuntanza do grupo de traballo terá lugar o vindeiro venres, 3 de agosto, de xeito que se pretende contar cun ditame sobre o Anteproxecto de Lei de Pesca no mes de setembro. Nesa data convocarase un novo pleno do Consello no que se analizará e se aprobará, se procede, o devandito ditame. O obxectivo final é levar o texto normativo ao Parlamento de Galicia antes de que finalice este ano.

Lei de Pesca

Cabe sinalar que a nova Lei de Pesca foi presentada pola Conselleira, Carmen Gallego, nun encontro cos medios de comunicación o pasado 20 de xullo no que estivo acompañada do seu equipo directivo. A titular de Pesca do Goberno galego destacou que a norma será moderna, áxil, sinxela e flexible, á vez que “deberá servir para que a pesca en Galicia se poida xestionar tendo en conta ás persoas, a economía e o respecto polo medio”.

Ademais, lembrou que nace do compromiso político asumido coa súa chegada ao Executivo galego “para tentar pór en marcha un novo rango legal da pesca en Galicia, que elimine trabas burocráticas e que sexa o suficientemente xenérica e ampla”. De feito, na súa primeira comparecencia na Cámara galega como Conselleira xa manifestara que sería o obxectivo principal do seu departamento a elaboración dun texto normativo de ordenación do sector pesqueiro.

R., 2007-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (nunez_feijoo_rp.jpg) El presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, manifestó u "compromiso" de visitar hasta la Navidad los 315 ayuntamientos gallegos con el propósito de recoger las "inquietudes" de la ciudadanía de cara a la elaboración del programa electoral de su partido para las elecciones autonómicas de 2009.
Foto de la tercera plana (primeros_diarios_gallegos.jpg) La obra Primeiros Diarios Galegos (1808-1809), editada en cuatro volúmenes por el Consello da Cultura Galega y con la colaboración de la Secretaría Xeral de Comunicación, muestra los orígenes de la prensa gallega y sirve para conocer la relación que se establece desde hace años entre medios de comunicación y poder.

Notas

Enmarcada nos actos conmemorativos do 150 aniversario da declaración de Ferrol como cidade, a mostra do Museo de Herrerías arranca coa viaxe que a Galicia da raíña Isabel II efectuou en 1858.
Tempus es el nuevo vehículo urbano y ecológico que fue presentado en la Feria Internacional del Autobús y el Autocar (FIAA) que se celebra en Madrid. Sorprende por su diseño y sus innovaciones técnicas.

Editorial

Observatorios: Unha comisión, esa era a solución ata hai pouco tempo para que determinado ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información