Noticias

Presentada la denominación común Comercio Rural Galego para fomentar las tiendas multiservicios en municipios de menos de 5.000 habitantes

Es una de las medidas incorporadas a la campaña de promoción del comercio gallego bajo el lema general: As cores da rúa. Dotar al comercio rural de una imagen corporativa que se interprete como distintivo de calidad, fortalecer la importancia del sector e incidir en el papel social de la actividad comercial en las calles de las ciudades, son algunos de los principales objetivos del proyecto que se puede seguir en la web: www.ascoresdarua.org.

La Dirección Xeral de Comercio, de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia presentó la denominación común Comercio Rural Galego que pretende fomentar las tiendas multiservicios en municipios de menos de 5.000 habitantes.

Es una de las medidas incorporadas a la campaña de promoción del comercio gallego bajo el lema general: As cores da rúa. Fortalecer la imagen del sector e incidir en el papel social de la actividad comercial en las calles de las ciudades, es uno de los principales objetivos del proyecto.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta:

A Consellaría de Innovación e Industria desenvolve nos meses de febreiro e marzo a campaña “As cores da rúa”, unha campaña promocional do comercio galego co obxecto de mellorar e fortalecer a imaxe do sector que incide no papel social que a actividade comercial exerce nas rúas das vilas e cidades de Galiza. Esta campaña, que presentaron o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e a directora xeral de Comercio, Ana Rúa, enmárcase dentro dos obxectivos e liñas de actuación da Consellaría, entre os que se atopa a potenciación e preservación do comercio retallista galego.

O titular nacionalista avanzou algunhas das medidas que o seu departamento porá en marcha no ámbito do comercio, entre outras, un proxecto para o ámbito rural, consistente na creación dunha rede de tendas multiservizo destinada aos concellos de menos de 5.000 habitantes. Blanco asegurou que este proxecto, co que a Consellaría contribuirá a asentar poboación no ámbito rural, xa ten realizada a fase de análise e diagnose, polo que a finais deste mesmo ano estarán operativas, polo menos, catro experiencias piloto e, ao remate da lexislatura, dixo o conselleiro, a rede de establecementos operará baixo unha única denominación ou imaxe corporativa común, a de Comercio Rural Galego.

Fernando Blanco tamén anunciou o impulso a un selo ou distintivo de calidade para o comercio, que redundará nunha maior confianza por parte dos consumidores, e informou de que a Consellaría de Innovación e Industria está a ultimar as liñas de axuda dirixidas integramente ao pequeno comercio. Por outro lado, Blanco aludiu á implantación este mesmo ano dun corpo de inspectores de comercio e á creación do Plano Sectorial Territorial de Equipamentos Comerciais como outros dos eixes de actuación da Consellaría que responden ás demandas do asociacionismo comercial.

O conselleiro de Innovación salientou o compromiso claro e decidido do seu
departamento ao sector comercial dende que comezou esta lexislatura, e como proba deste compromiso, lembrou a entrada en vigor da primeira Lei Galega de Horarios Comerciais e a presentación do Anteproxecto de Lei de Ordenación do Comercio Interior de Galiza. Fernando Blanco dixo que a evolución do sector nesta primeira etapa de goberno foi moi positiva, con incrementos, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, tanto no índice medio de traballadores dados de alta na seguridade social ao longo de 2006, cun total de 3.820 afiliados máis, coma no índice de vendas medio entre os meses de xaneiro e novembro, cun 9,3% máis.

A respecto da campaña de promoción do comercio, o conselleiro de Innovación e
Industria destacou que se trata dunha campaña “necesaria” para poñer en valor perante a sociedade galega un sector integrado maioritariamente por pequenas e medianas empresas, que representa unha parte moi importante da economía do país, que é fonte de xeración de emprego estábel e contribúe a facer dos contornos urbanos espazos socializadores, relacionais, vivos e máis seguros, ao tempo que fixan poboación nas vilas do noso país. Deste xeito, a campaña “Comercio galego: As cores da rúa” pretende valorizar o papel social do comercio, isto é, fai fincapé no dinamismo e na vitalidade que achegan os establecementos comerciais ás nosas rúas. Sen a actividade comercial as vilas e cidades serían moi distintas, polo que a creatividade identifica os locais do comercio con cores vivas, que representan a mesma vitalidade, cor e interese que proporcionan os establecementos comerciais ás rúas de Galiza.

A campaña difundirase en televisión, cine, radio, prensa e internet durante os meses de febreiro e marzo. Unha páxina web celebrará un sorteo de 12.000 euros entre os
comerciantes rexistrados e, ademais, “As cores da rúa” contempla actos nas rúas das vilas e cidades de Galiza, coa presenza de animadores/promotores da campaña, agasallo de bolsas, paraugas e folletos desta campaña.

R., 2007-01-29

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información