Notas de prensa

Pesca convocou unha xuntanza urxente coas tres asociacións de mexilloeiros

Logo da difícil xornada vivida polo sector, a Xunta reacciona cunha xuntanza logo de que CC.OO. pedise a súa intervención no conflicto xurdido entre as empresas conserveiras e os bateeiros e que afecta a 2.000 persoas.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos convocou en San Caetano, unha reunión de urxencia con representantes de Pladimega, Arousa Norte e Asociación Virxe do Rosario para tentar buscar unha solución á situación actual do sector mexilloeiro.

O departamento de Pesca, dende o inicio do conflito entre estes profesionais, mantivo un papel de mediador entre as partes. Deste xeito, celebráronse ata o de agora un total de catro de xuntanzas, aínda que sen resultado positivo. En todo caso, dende a Consellería de Pesca, considérase que as asociacións do sector teñen máis cousas en común que diferencias.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, con motivo da súa visita institucional ao Concello de Ferrol, condenou os incidentes producidos esta fin de semana e hoxe mesmo en Arousa, e manifestou que este tipo de actos “o único que fan é desprestixiar a imaxe do sector e non favorecen a súa organización”.

Sobre isto, tamén engadiu que lle corresponde ás forzas e corpos de seguridade do Estado manter a seguridade e a tranquilidade en todos os ámbitos, incluído o do sector mexilloeiro, así como investigar estes incidentes.

Carmen Gallego tamén explicou que o seu departamento, a través do director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, está en contacto permanente con todas as asociacións do sector.

Finalmente, a titular de Pesca pediulle aos bateeiros que se senten a dialogar para poder chegar a un acordo entre eles. Este é o obxectivo que busca a xuntanza convocada para mañá na Consellería de Pesca.

CC OO insta a Xunta a que interveña no conflito entre as empresas conserveiras e os bateeiros do mexillón

No tocante ao conflito entre os bateeiros e as empresas conserveiras, a Federación Agroalimentaria de Comisións Obreiras de Galicia (CC OO) quere alertar a opinión pública de que hai un colectivo prexudicado que é «absolutamente inocente» e que non ten por que sufrir as consecuencias do enfrontamento. Este colectivo é o dos traballadores e traballadoras das empresas conserveiras e cocedeiros de mexillón, integrado por unhas dúas mil persoas, das que a maioría son mulleres.

Diante da escalada de tensión neste conflito, CC OO urxe ás consellarías de Traballo e de Pesca a que convoquen «con carácter de urxencia» unha xuntanza na que se adopten as medidas necesarias que protexan o colectivo.

A Federación Agroalimentaria sinala que o enfrontamento fai que estas dúas mil persoas estean a «graves prexuízos», como son a perda de salarios, «xa de por si escasos, pois só traballan uns seis meses ao ano e no que vai de campaña a penas uns cantos días»; a perda de cotizacións por desemprego —o que implica menores ingresos por esta vía para este ano e o vindeiro—; e a parda de cotizacións á Seguridade Social, o que traerá maiores trabas para o acceso á xubilación e outras prestacións.

Por último, a Federación Agroalimentaria quere lembrar que CC OO non se posiciona sobre os motivos que deron lugar ao conflito, senón que reclama que as administracións teñen en conta os intereses dos traballadores e traballadoras e así adopten «as medidas necesarias para contrarrestar os prexuízos que sofren». No caso de que a Xunta non adopte medidas, o sindicato non descarta convocar mobilizacións dado a «situación insostible» á que se está a chegar.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2008-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tren_estrella.jpg) Renfe sustituye el Estrella del Atlántico que circula entre Ferrol, Lugo y Madrid por un Trenhotel. El cambio se produce el 14 de diciembre coincidiendo con los servicios de invierno. El tiempo de viaje entre Ferrol y Madrid se reduce en 25 minutos con este tren nocturno de alta gama y mayor número de plazas.
Foto de la tercera plana (teresa_miras_portugal.jpg) La catedrática de Bioquímica y Biología molecular de la Universidad Complutense de Madrid y natural de O Carballiño (Ourense), Teresa Miras Portugal, gana el Premio María Wonenburger en reconocimiento a la trayectoria de mujeres en los ámbitos científico y tecnológico.

Notas

O conselleiro de Economía di que a principal preocupación do Goberno galego é manter o tecido produtivo e o emprego, e seguir avanzando na converxencia. Os datos do IGE prevén unha recuperación económica a finais de 2009.
Esta iniciativa foi notificada ao resto do sector na xuntanza do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, anunciando que os primeiros contratos xa asinados van ser depositados oficialmente na Comisión de Seguimento.

Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información