Notas de prensa

A Biblioteca Básica do Comercio, novo instrumento formativo para os profesionais do sector

Fernando Xabier Blanco presentou os dous primeiros manuais dunha colección que terá inicialmente 13 manuais sobre distintos temas de aplicación práctica na actividade comercial cotiá.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco, presentou os dous primeiros manuais da Biblioteca Básica do Comercio Galego, unha iniciativa coa que o departamento autonómico pretende afondar na formación e profesionalización do sector. Segundo explicou o conselleiro nacionalista, que estivo acompañado no acto pola directora xeral de Comercio, Ana Rúa, a biblioteca pretende proporcionar aos comerciantes un instrumento de formación práctica. Dun xeito divulgativo, visual e pedagóxico, os contidos dos distintos manuais permitiranlles aos profesionais do comercio achegarse ás claves das distintas temáticas que poden incidir na mellora da xestión do seu negocio.

Dos 13 manuais que inicialmente compoñerán a Biblioteca, Fernando Blanco presentou os dous primeiros: “Bo día” e ”Paso libre”, nos que a atención aos clientes e a aplicación do necesario criterio de accesibilidade ao establecemento comercial buscan ser a marca diferenciadora que inflúa positivamente nas vendas dos establecementos. En total editáronse 10.000 exemplares de cada título que serán distribuídos de balde a través das asociacións do sector así como das delegacións provinciais da Consellaría. Igualmente estarán integramente dispoñibles a través da web do departamento autonómico.

Progresivamente estarán dispoñibles tamén os outros 11 manuais, que abordarán temáticas de interese para a actividade cotiá nos comercios galegos. Así, a guía sobre aforro enerxético dá recomendacións para o consumo enerxético eficiente e responsable; a do escaparatismo trata de coñecementos básicos para a creación de escaparates atractivos e innovadores que conviden a entrar nos establecementos; a guía de riscos laborais informa sobre as medidas preventivas e de seguridade; a de técnicas de venda fai fincapé en dominar as oportunidades de incrementar a clientela, con especial atención ao merchandising; na guía de comercio electrónico e TIC recóllense pautas útiles para o comercio no uso das novas tecnoloxías como ferramentas para unha mellor prestación de servizos; na do uso do galego indícanse medidas de promoción do idioma que repercuten nunha mellor atención aos clientes; a guía de fidelización fai recomendación para acadar a satisfacción dos clientes mediante unha atención de calidade; e, por último, as guías de lexislación básica, empaquetado e boas prácticas ambientais tratan de formar aos comerciantes nestes ámbitos concretos.

Ao tratarse dun proxecto aberto, no futuro existirán novos títulos referidos a outras temáticas que na actividade comercial poidan ser de interese para os profesionais do sector. A colección ten un investimento inicial por parte da Consellaría de 178.000 euros.

O conselleiro nacionalista salientou a aposta pola calidade desta iniciativa e salientou que a temática da biblioteca está moi relacionada co cumprimento dos requisitos que esixe o Selo de Calidade do Comercio Galego que se está comezando a implantar en preto dun milleiro de establecementos de todo o país. Blanco destacou igualmente a complementariedade desta actuación en relación ás accións formativas que promove a Consellaría e que, segundo indicou, eleváronse a 112 actuacións formativas entre 2006 e 2007 realizadas a través das asociacións de comerciantes. A temática fundamental dos cursos foi o coñecemento das normas de calidade UNE, as técnicas de venda ou a lexislación aplicable ao sector, entre outras. O investimento total destas actuacións foi de preto de 1,1 millóns.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tren_estrella.jpg) Renfe sustituye el Estrella del Atlántico que circula entre Ferrol, Lugo y Madrid por un Trenhotel. El cambio se produce el 14 de diciembre coincidiendo con los servicios de invierno. El tiempo de viaje entre Ferrol y Madrid se reduce en 25 minutos con este tren nocturno de alta gama y mayor número de plazas.
Foto de la tercera plana (teresa_miras_portugal.jpg) La catedrática de Bioquímica y Biología molecular de la Universidad Complutense de Madrid y natural de O Carballiño (Ourense), Teresa Miras Portugal, gana el Premio María Wonenburger en reconocimiento a la trayectoria de mujeres en los ámbitos científico y tecnológico.

Notas

O conselleiro de Economía di que a principal preocupación do Goberno galego é manter o tecido produtivo e o emprego, e seguir avanzando na converxencia. Os datos do IGE prevén unha recuperación económica a finais de 2009.
Esta iniciativa foi notificada ao resto do sector na xuntanza do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, anunciando que os primeiros contratos xa asinados van ser depositados oficialmente na Comisión de Seguimento.

Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información