Notas de prensa

A compositora Zeltia Montes gaña o Premio Jerry Goldsmith pola música de Pradolongo

O Congreso Internacional de Música de Cine Ciudad de Úbeda outórgalle o premio á mellor música en longametraxe pola banda sonora da película que foi gravada pola Galicia Filme Orquestra na Coruña.

Temos o pracer de informar que a música de Pradolongo, da man da súa compositora Zeltia Montes, ven de facerse co premio máis importante dos que se conceden no congreso internacional especializado en música de cine "Ciudad de Úbeda".

Este congreso é un evento de carácter internacional adicado especialmente á música cinematográfica, no que durante catro días teñen lugar proxeccións, charlas e concertos ao que asisten os recoñecidos profesionais. Ao certame deste ano asisten entre outros Jaume Balagueró, Carles Cases, Christopher Slaski, Roque Baños, Juan Antonio Bayona e Alberto Iglesias.

No Congreso concédeselle cada ano unha atención especial aos novos compositores da man do premio Jerry Goldsmith a novos creadores, que sirven como recoñecemento e apoio aos compositores que se están iniciando no eido audiovisual. Como sinalamos, a gañadora desta edición é Zeltia Montes pola música de PRADOLONGO.

Nacida en 1979, Zeltia é compositora de música para cine, televisión e música contemporánea. Cursou estudios no Real Conservatorio de Música de Madrid, na Escola de Música de Madrid e na prestixiosa ¨Berklee College of Music¨, onde se especializou en música de cine e onde se graduou obtendo unha dobre licenciatura nas especialidades de Composición e Films Scoring, recibindo o máximo premio Fin de Carreira Summa Cum Laude. Foi elexida compositora da nova orquestra Berklee Contemporary Symphony Orchestra paraa tempada 2007 - 08, e da prestixiosa Orquesta de Música Contemporánea ALEA III. Dende maio de 2008 reside en Los Ángeles.

Logo do seu exitoso paso polas salas comerciais, PRADOLONGO será proxectada este verán por toda Galicia nas sesións especiais de cine de verán nas que colabora Mr. Misto e a Deputación de Lugo.

Producida por Vía Láctea Filmes PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense. Tamén contou coa coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Alberto Pereira, 2008-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (rp_atencion_primaria.jpg) El Servizo Galego de Saúde pondrá en marcha una campaña publicitaria para que los ciudadanos gallegos "conozcan mejor" las reformas que la Consellería de Sanidade está llevando a cabo en los centros de Atención Primaria en materia de infraestructuras y recursos humanos en el marco del Plan de Mellora 2007-2011.
Foto de la tercera plana (lucenses_ano_2007.jpg) El abogado y presidente de la Asociación Amigos do Capón de Vilalba, Domingo Goás, ha sido nombrado Lucense del Año junto con otras nueve personas y colectivos de las que se destaca su trayectoria. El ex presidente de la Diputación, Francisco Cacharro, el embajador de España en China, Pablo Bravo, o el pintor Baldomero Pestana, entre los galardonados.

Notas

A primeira festa do automobilismo lembrou aos xóvenes a recomendación da prudencia ao volante empregando o lema Rápido pero con sentidiño. O evento rematou cunha exhibición arredor da Muralla.
O Colexio de Xornalistas expresa a súa fonda preocupación polos efectos da crise nos medios. Tralo anuncio de peche de Localia TV, agora Planeta decide prescindir das delegacións do xornal gratuito de A Coruña e Vigo.

Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información