Notas de prensa

Reunión extraordinaria do Consello Galego de Pesca

Analizouse a proposta de regulamento da Comisión Europea polo que se aproban as accións dirixidas ao sector pesqueiro como consecuencia do incremento do prezo do combustible.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, presidiu unha nova reunión extraordinaria do Pleno do Consello Galego de Pesca, integrado pola Administración, o sector e os sindicatos, na que se analizou a proposta de regulamento da Comisión Europea (CE) polo que se aproban as accións dirixidas ao sector pesqueiro como consecuencia do incremento do prezo do combustible e que será debatida no Consello de Ministros da UE o 15 de xullo.

Con esta xuntanza dase cumprimento ao compromiso adquirido pola Conselleira na anterior reunión do Consello Galego de informar ao sector das novidades que se vaian producindo. Neste caso, no encontro procedeuse a analizar a proposta que, tal e como manifestou a titular de Pesca, aínda non é definitiva, polo que haberá que agardar ata á súa aprobación a vindeira semana para avaliala máis en profundidade.

Non entanto, a responsable da Administración pesqueira galega manifestou que unha das medidas que máis poderían interesar ao sector son as paradas temporais financiadas, de tres meses de duración e dirixidas a tripulantes e armadores, que poderían empezar a contar dende o 1 de xullo e abranguer ata o 31 de decembro de 2009. Neste punto, Carmen Gallego indicou que existen dúas dificultades para a súa posta en práctica. A primeira delas é que só van dirixidas aos segmentos de frota que tiveron durante 2007 un gasto en combustible que representou, polo menos, o 30 por cento dos seus custos de explotación, o que unicamente beneficiaría aos segmentos de arrastre, Gran Sol, litoral e Nafo.

A outra condición é o feito de que os sistemas de adaptación da frota que se elaboren para facer esas paradas temporais terán que levar consigo unha redución permanente da capacidade da frota dun 30 por cento. A Conselleira explicou que esta medida, se se aplica sen ter en conta os condicionantes que se están propoñendo dende Galicia e dende España, sería inasumible, xa que, na súa opinión, non é posible levar a cabo a revisión proposta. Segundo indicou Gallego, os gobernos central e autonómico están a traballar para que a CE inclúa dentro do regulamento algunhas medidas que van na liña da agrupación de segmentos da frota ou de portos para poder acceder ás paradas temporais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia , 2008-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tren_estrella.jpg) Renfe sustituye el Estrella del Atlántico que circula entre Ferrol, Lugo y Madrid por un Trenhotel. El cambio se produce el 14 de diciembre coincidiendo con los servicios de invierno. El tiempo de viaje entre Ferrol y Madrid se reduce en 25 minutos con este tren nocturno de alta gama y mayor número de plazas.
Foto de la tercera plana (teresa_miras_portugal.jpg) La catedrática de Bioquímica y Biología molecular de la Universidad Complutense de Madrid y natural de O Carballiño (Ourense), Teresa Miras Portugal, gana el Premio María Wonenburger en reconocimiento a la trayectoria de mujeres en los ámbitos científico y tecnológico.

Notas

O conselleiro de Economía di que a principal preocupación do Goberno galego é manter o tecido produtivo e o emprego, e seguir avanzando na converxencia. Os datos do IGE prevén unha recuperación económica a finais de 2009.
Esta iniciativa foi notificada ao resto do sector na xuntanza do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, anunciando que os primeiros contratos xa asinados van ser depositados oficialmente na Comisión de Seguimento.

Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información