Notas de prensa

Comisión sectorial do Consello Consultivo para Asuntos Comunitarios celebrada en Madrid

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, participou na reunión da Comisión Sectorial do Consello Consultivo para Asuntos Comunitarios, celebrada na sede do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino en Madrid, e previa ao Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea que terá lugar o 15 de xullo en Bruxelas.

Entre os temas da orde do día que se trataron atópanse o regulamento do acordo pesqueiro con Mauritania, así como a proposta da Comisión Europea para axudar ao sector pesqueiro a paliar a situación derivada da suba do custo do combustible.

Con respecto ao primeiro dos asuntos, a titular de Pesca da Xunta de Galicia explicou que o regulamento da Unión Europea, que nestes momentos está enriba da mesa, satisfai as expectativas de Galicia e de España, agás no que ten que ver coa redución do número de licenzas na categoría de pesca de cefalópodos. Neste sentido, Carmen Gallego destacou que tanto a Consellería de Pesca como o Goberno de España non están de acordo coa redución das posibilidades de pesca de cinco licenzas, é dicir, de 29 a 24, xa que racha co principio de estabilidade relativa. Ademais, engadiu que a postura española xa se plantexou no Consello de Ministros anterior e sobre ela vaise seguir traballando ao longo desta semana para intentar modificar ese criterio. De todas formas, sinalou que de aprobarse o acordo pesqueiro con Mauritania nos termos actuais na vindeira reunión dos ministros de Pesca, España non votará a favor.

En canto á proposta do regulamento para axudar ao sector pesqueiro pola suba do prezo do carburante, a responsable de Pesca destacou que se trata dunha iniciativa cun carácter moi técnico. En termos xerais, céntrase na modificación de determinados aspectos do Fondo Europeo da Pesca, coa instauración de medidas de apoio á frota vencelladas, sobre todo, coas paradas temporais para os buques sometidos a plans de reestruturación, de xestión e de recuperación, e outro tipo de plans. En relación a isto, Carmen Gallego amosou o seu desacordo co requisito de que as paradas temporais estean nun marco de paralización definitiva do 30 por cento, unha cifra que considerou excesiva.

Así mesmo, a Conselleira fixo fincapé en que, dado o carácter sumamente técnico da proposta, os grupos de Pesca van seguir traballando sobre ela os vindeiros días en Bruxelas co fin de que se poidan ir contestando, por parte da Comisión Europea, as preguntas que xorden sobre a forma de aplicación de determinadas medidas que establece. Neste sentido, a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas traballarán conxuntamente para tentar aclarar os pormenores deste regulamento.

De todos os xeitos, Carmen Gallego concretou que, en base a esta proposta, a Unión Europea vai establecer unha dotación orzamentaria de 600 millóns de euros, con cargo a un fondo distinto ao FEP, para repartir entre todos os estados membros en función dos criterios que se acorden cos países da UE.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2008-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (citroen_c4.jpg) La crisis en el sector de la automoción no sólo afecta a la fabricación. Los concesionarios oficiales de PSA Peugeot-Citroën de Galicia redujeron sus ventas en un 36% debido a la crisis económica que afecta al sector de la automoción, aunque los servicios de post-venta -talleres de reparación- no experimentaron un impacto tan directo.
Foto de la tercera plana (eugene_smith_2.jpg) La sede de la Fundación Caixa Galicia en A Coruña acogerá hasta el próximo mes de febrero la presentación de la exposición W. Eugene Smith. Más real que la realidad, una amplia selección del trabajo más destacado de quien es considerado uno de los padres fotoperiodismo.

Notas

O campión olímpico, quen agradeceu a colaboración do equipo galego, explicou que fará o camiño entre os días 12 e 16 de outubro. David García, do Xacobeo Galicia, asegurou que fixo o Camiño e se cumpriron seus desexos.
Durante nueve días la ciudad vivirá los festejos en honor de su patrón con actividades que atraen a cientos de miles de visitantes. El programa incluye la actuación de 24 artistas de reconocido prestigio.

Editorial

Respectar o Parlamento: Nós, pobo, respectamos o Parlamento de Galicia como a primeira institución ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información