Notas de prensa

Xa están na rede dous blogs de fotografía e cociña de Teo

A bitáctora sobre as receitas está confeccionado por dúas mulleres do municipio de máis de 60 anos. A aula de informática do concello conta cunha dinamizadora da Sociedade da Información.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co concello de Teo xa ten colgados na rede dous blogs. O primeiro é www.blogoteca.com/inspirateo. Trátase do blog sobre o concurso de fotografía comentada Inspírate co galego que se puxo en marcha hai semanas para promocionar o uso do galego e celebrar o Día Mundial de Internet, o pasado 17 de maio. O segundo blog receitasdeteo.blogspot.com é unha iniciativa de dúas mulleres do municipio de máis de 60 anos que o crearon despois de participar nun obradoiro de creación de blogs.

Na bitácora do concurso de fotografía xa están subidas as fotografías que participan no mesmo. Nestes momentos xa se poden ver algúns exemplos interesantes de imaxes de Teo. Destacan as fotos onde aparece a arquitectura tradicional e relixiosa, ademais de costumes e paraxes naturais.

Para participar no concurso Inspírate do galego só hai que facer unha foto dixital dalgún lugar do concello e enviala a concursoteo@gmail.com. As fotos deben ir acompañados do nome e apelidos, data de nacemento e número de teléfono do concursante. As tres imaxes gañadoras recibirán unha memoria usb.

Dende a Aula de Informática tamén se puxo en marcha unha bitácora sobre cociña. Dúas usuarias da aula, unha delas de máis de 60 anos e a outra de máis de 80, confeccionaron un blog no que recollen receitas de cociña e todo o relacionado coa gastronomía propia da comarca.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información colabora co concello de Teo. Actualmente a Aula de Informática do concello de Teo conta cunha dinamizadora da Sociedade da Información, Marta Vázquez, en horario de mañá de 10,00 horas a 15,00 horas e de tarde entre as 16,00 e as 21,00 horas. O seu enderezo de correo electrónico é: marta.teo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo), 2008-05-19

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información