Notas de prensa

Lalín acolle o encontro da UIMP sobre a reforma da Administración territorial

A Aula da UNED converterase o 19, 20 e 21 de maio en centro clave para abordar a restruturación do modelo territorial galego. A UIMP abre con este seminario a tempada de cursos 2008, que conta cun total de 31 seminarios.

Lalín convértese os días 19, 20 e 21 de maio en centro neurálxico e en foro de reflexión de cara definir e abordar a reestruturación do modelo territorial de Galicia. Será grazas ao encontro A reforma da administración territorial: cara uns concellos eficientes e viables que, organizado conxuntamente pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e co Concello de Lalín, se desenvolverá na Aula da UNED lalinense, sita no Parque Empresarial 2000.

Así o anunciaron o alcalde de Lalín, José Crespo; o director da UIMP en Galicia, José Luis Barreiro Rivas, e o director do curso e profesor de Xeografía da Universidade de Santiago, Román Rodríguez González, no transcurso da presentación deste encontro, co que a UIMP inicia os cursos de verán deste ano, un total de 31, que se desenvolverán en toda Galicia.

O alcalde de Lalín agradeceu “á UIMP, e de xeito especial a Xosé Luis Barreiro Rivas, o apoio brindado, xa que se prestou a financiar o 100% do custo do curso desde un principio, e se comprometeu a iniciar en Lalín os cursos de verán”.

Neste seminario poden participar alumnos das tres universidades galegas. Terá un valor académico de 20 horas e estará recoñecido en créditos de libre configuración. A inscrición pode realizarse a través dos teléfonos 981 140 790 ou 981 140 830.

Neste seminario participarán poñentes con probada experiencia no eido da administración (central, autonómica e local), así como destacados estudosos do tema tanto galegos como doutras comunidades.

Da comezo ás 11.00 horas do luns 19 de maio coa inauguración a cargo do alcalde de Lalín, José Crespo; do director da UIMP en Galicia, José Luis Barreiro Rivas; e do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Antonio Fernández Castro.

A continuación, o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de A Coruña, José Luis Meilán Gil, ofrecerá a conferencia inaugural baixo o título “Municipios e estruturas políticas”. A xeira reanudarase ás 17.00 da tarde co relatorio “O municipio como marco relacional”, do subdirector xeral de Función Pública Local do Ministerio de Administración Públicas, Enrique Orduña Prada.

Esta xornada rematará cunha mesa redonda sobre a “Visión do mundo local galego” na que participarán os alcaldes de Pontecaldelas, Perfecto Rodríguez Muíños; de Zas, Manuel Muíño Espasandín; de Lugo, José Clemente López Orozco, e co vicepresidente da Deputación de Ourense, Rogelio Martínez González, que estará moderada polo secretario xeral do Concello de Lalín, César López Arribas.

A seguinte xornada, o 20 de maio, participarán persoeiros destacados da cultura e a política, como o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León, Francisco Sosa Wagner, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda Valenzuela; o alcalde de Culleredo en representación do PSdeG-PSOE, Julio Sacristán de Diego, e o deputado autonómico do BNG, Pablo González Mariñas.

O último día do seminario, Antonio Cândido Macedo Oliveira, profesor do departamento de Ciencias Xurídicas da Universidade de Minho, expoñerá como se desenvolve “O marco administrativo local en Portugal”. A continuación, importantes estudosos galegos do tema como Roberto Blanco Valdés, Xabier Ferreira e Luis Caramés Vieitez ofrecerán a súa visión acerca sobre unha posible reforma da administración territorial en Galicia.

Gabinete de Comunicación do Concello de Lalín, 2008-05-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (autovia_a8_trafico_3.jpg) La Operación de tráfico 25 de julio 2008 se pone en marcha a las 15.00 horas del 24 de julio y se prolonga hasta la medianoche del domingo 27. La Dirección General de Tráfico destaca que las carreteras con mayor intensidad de tráfico en esta operación en Galicia serán las autopistas y autovías AP-9, A-6, A-52, A-55, y las la carreteras N-550 y la N-634.
Foto de la tercera plana (catedral_santiago_noche_1.jpg) Aunque la recuperación de la fachada ocultará su "esplendor" durante el tiempo que permanezcan las obras, la Fundación Barrié de la Maza combinará los trabajos de restauración con visitas guiadas, que permitirán a los visitantes acercarse al Pórtico subidos al andamio, al respecto de lo que el Cabildo agradeció esta "experiencia extraordinaria".

Notas

O titular do Executivo galego presidiu o acto E a vitoria chegou: Pazo de Baión, no que tamén participou o ministro de Sanidade, Bernat Soria, así como representantes das asociacións de loita contra o narcotráfico e a drogadición.
A área de Cultura da Deputación Provincial e a Asociación de Hosteleiros presentan 200.000 baixos pratos promocionais da provincia de Lugo destacando lugares turísticos de interese e da Rede Museística Provincial como exemplo da riqueza patrimonial lucense.

Editorial

Xubilouse Ferrín: Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información