Notas de prensa

Inaugurada a nova Casa das Mariscadoras do Estuario do Río Anllóns

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos aportou para a realización desta obra un importe total de 149.500 euros. No deseño deste novo edificio, que cumpre coas necesidades do colectivo de mariscadoras, tívose en conta a súa integración no entorno.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada polas socias da Asociación de mariscadoras do estuario do Río Anllóns (Cabana de Bergantiños), inaugurou as novas instalacións para este colectivo. Trátase dunha infraestrutura demandada por estas profesionais e que é a axeitada para desenvolver a súa actividade marisqueira, tanto no que atinxe ás condicións de traballo, como no desenvolvemento da organización da cadea de produción.

A titular de Pesca da Xunta de Galicia quixo estar presente na inauguración oficial da Casa das Mariscadoras que consta dunha única planta e esténdese nunha superficie de, aproximadamente, 220 metros cadrados. Neste estrutura destacan dúas zonas claramente diferenciadas, unha é a destinada a local para depuración, manipulación e almacenaxe de moluscos, así como para vestiarios do persoal e un local para oficinas. Doutra banda atópase unha área na que se ubica unha aula-sala de xuntas, un taller, un almacén para materiais, aparellos de traballo e instalacións varias, así como os aseos.

Tal e como resaltou Carmen Gallego no transcurso do acto de inauguración, no deseño do edificio tívose moi en conta a súa integración no entorno. Deste xeito, aproveitouse o importante desnivel que presentaba o terreo no que se sitúan as novas instalacións para realizar unha cuberta axardinada.

A Asociación de mariscadoras do estuario do Río Anllóns solicitou a axuda para esta infraestrutura presentando un proxecto na Consellería ao amparo dunha orde de axudas para a adopción de medidas complementarias na pesca costeira artesanal. Para levar a cabo esta obra o departamento de Pesca achegou un importe total de 149.500,27 euros.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos conta para este ano 2008 cun orzamento total de 8,2 millóns de euros para desenvolver plans de infraestruturas portuarias que buscan dotar ao sector pesqueiro e marisqueiro dos equipamentos e infraestruturas necesarias para poder realizar o seu traballo nas mellores condicións, así como para mellorar os procesos de produción e comercialización dos recursos mariños.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2008-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (letras_gallegas_padron_08.jpg) En el acto de homenaje a Xosé María Álvarez Blázquez en Padrón, Pérez Touriño propuso "convivencia" para las lenguas que, al igual que los ciudadanos que las usan "no deben limitarse a coexistir, sino que tienen que convivir", lo que "implica compartir espacios en libertad e igualdad". Considera que cualquier intento de escindir a la ciudadanía por causa de lengua es "en vano, estéril y está condenado al fracaso".
Foto de la tercera plana (curso_de_doblaje.jpg) Las voces en gallego de Meryl Streep, Woody Allen, Tom Hanks, Gene Kelly o John Malkovich se reciclan en el taller de doblaje y lengua promovido por el Consorcio Audiovisual de Galicia. En los más de 20 años de historia de la CRTVG se ha considerado el doblaje como un elemento normalizador y normativizador esencial.

Notas

s conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca e Asuntos Marítimos asinaron un convenio para a realización de obras de acondicionamento da biblioteca e das pistas deportivas.
Convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, o galardón premia a obra Catro esquinas con 800 euros e a publicación do relato que evoca o pasado, presente e futuro feliz ou atormentado de varias personaxes.

Editorial

Maio festeiro: Coinciden nesta fin de semana dúas festas importantes para Galicia. Unha, a ...
BUSCADOR


Rueda
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
AGENDA
Agenda de Galicia Digital Rueda
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información