Notas de prensa

Convenio entre la Xunta y el Instituto Cervantes de París para la promoción del gallego

O acordo ten por obxecto divulgar e ampliar os cursos de coñecemento da lingua galega, incrementar a presenza bibliográfica en galego nos centros do Instituto Cervantes e estudar a difusión de contidos académicos e culturais nos portais que este centro posúe en internet.

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, asinaron en París unha declaración de intencións entre ambas as dúas institucións co fin de incrementar o labor de cooperación na promoción, difusión e ensino da lingua e da cultura galegas no exterior.

Concretamente, o acordo rubricado pretende ampliar a divulgación dos cursos de coñecemento da lingua galega que se ofrecen en distintos centros do Instituto Cervantes e potenciar que a programación académica destes centros promova a impartición de cursos de formación de lingua galega preparatorios dos Certificados de Lingua Galega (Celga). De igual xeito, estudaranse instrumentos de cooperación para que a Xunta poida proporcionar contidos académicos e culturais para os portais que o Instituto Cervantes posúe en internet, en especial, para o Centro Virtual Cervantes e en Cervantes TV. Así mesmo, incrementarase a presenza bibliográfica galega nas bibliotecas deste organismo –que na actualidade contan con 5.000 volumes en galego-, e promoverase a participación de empresas galegas nas actividades que a Xunta e o Instituto Cervantes poidan desenvolver conxuntamente. Complementariamente, o Goberno galego comprométese a apoiar a implantación e difusión da Aula Virtual Española, deseñada polo Cervantes para a aprendizaxe e a ensinanza en español como lingua estranxeira a través de internet.

Durante a súa intervención, Emilio Pérez Touriño subliñou a súa satisfacción pola presenza que na actualidade teñen a lingua e a cultura galegas nos programas e actividades dos Institutos Cervantes e amosouse convencido en que esta declaración de intencións se traducirá “no incremento da colaboración que a Xunta e o Instituto vimos mantendo de xeito continuado nun crecente número de países”.

Os Cervantes, “embaixadas da cultura española”

Paralelamente, o xefe do Executivo autonómico referiuse aos Institutos Cervantes como as “mellores embaixadas da cultura española”, por canto que España vehicula gran parte da súa presenza e da súa imaxe no exterior a través deste organismo. Unha imaxe, engadiu, que transmite e recolle “con fidelidade” a realidade da “España plural, unida e diversa, desa España consciente de que a súa pluralidade lingüística e cultural é un dos seus maiores activos e un valor que nos fai a todos máis ricos”.

“E ese espírito integrador do Instituto Cervantes, ese ánimo inclusivo, esa convición de que a España plural de todas as linguas e de todas as culturas españolas, e polo tanto de todos os cidadáns españois, independentemente da lingua na que se expresen, é precisamente –aseverou Touriño ao respecto-, o que fai posible que asinemos hoxe esta declaración de intencións”.

Na súa intervención, o mandatario galego referiuse ademais aos estreitos vínculos existentes entre Galicia e Francia, vínculos que se ven reforzados a través do Camiño de Santiago, posto que é precisamente no país veciño de onde parten as catro grandes rutas que dan orixe ao principal itinerario desta ruta: o Camiño Francés.

Por último, Touriño destacou o “extraordinario papel” que Francia e a súa capital, París, teñen desempeñado ao longo da historia nas loitas dos demócratas galegos e españois “pola liberdade e o progreso”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (fadesa_martin.jpg) El Juzgado de lo Mercantil Número 1 de A Coruña ha declarado en situación de concurso voluntario de acreedores, la antigua suspensión de pagos, a Martinsa-Fadesa tras verificar, a la vista de la documentación remitida por la inmobiliaria, que se halla "en estado de insolvencia inminente". Los acreedores disponen hasta el 1 de octubre para comunicar los créditos que tienen con la inmobiliaria.
Foto de la tercera plana (autovia_a8_trafico_3.jpg) La Operación de tráfico 25 de julio 2008 se pone en marcha a las 15.00 horas del 24 de julio y se prolonga hasta la medianoche del domingo 27. La Dirección General de Tráfico destaca que las carreteras con mayor intensidad de tráfico en esta operación en Galicia serán las autopistas y autovías AP-9, A-6, A-52, A-55, y las la carreteras N-550 y la N-634.

Notas

O Concello de Catoira construíu a nova nave, baseada no deseño do Gokstad, co fin de dar resposta á crecente demanda das persoas que cada ano desexan participar no asalto á fortaleza, ó tempo que se da maior espectacularidade ó evento. A 48 Romaría Vikinga de Catoira comeza coa V Rapa das Bestas do Xiabre.
O titular do Executivo galego presidiu o acto E a vitoria chegou: Pazo de Baión, no que tamén participou o ministro de Sanidade, Bernat Soria, así como representantes das asociacións de loita contra o narcotráfico e a drogadición.

Editorial

Xubilouse Ferrín: Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información