Notas de prensa

Investigadores da USC de Lugo obteñen un envase comestible para conservar o peixe conxelado

Os investigadores do grupo de Tecnoloxía dos Alimentos do Campus de Lugo están a traballar na obtención de envases para produtos da pesca e da acuicultura conxelados e cociñados e que non xeran residuos porque son comestibles.

O traballo, que conta co apoio da Xunta de Galicia e cun contrato coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), deu xa os primeiros resultados, que confirman a utilización deste novo envase.

A particularidade deste novo produto é o seu respecto polo medio ambiente, reutilizando con propiedades inocuas un residuo altamente contaminante como é o soro de queixería. Ademais, ten a vantaxe de que elimina a utilización do plástico como envase e el mesmo non se converte en residuo xa que, unha vez desconxelado o produto, se integra no propio alimento e se consume engadindo un elevado número de proteínas.

Para a utilización do soro de queixería os investigadores extraen del as proteínas para crear unha película transparente de alto valor biolóxico co que se envolve a peza antes da súa conxelación. Nesta primeira fase están experimentando con salmón, un peixe que ten moita graxa, motivo polo que se oxida e rancia antes que o resto. Os primeiros resultados apuntan a que este novo envase diminúe a oxidación cando se prolonga o tempo de conxelación. As probas continuarán con outro tipo de peixes como a pescada e o rape.

Este grupo realizou estudos previos sobre a posible reutilización no campo da alimentación do soro de queixería, dado o alto valor en proteínas que ten e a dificultade das empresas en desfacerse deste residuo. De feito, dirixiron unha tese do profesor da Universidade de Coimbra Carlos Días Pereira sobre o aproveitamento do soro de queixería procedente do gando ovino, aínda que o traballo realizado con este novo envase se cingue exclusivamente polo de agora á reutilización do soro procedente de gando vacún.

Carne de porco

O laboratorio de I+D+i de Tecnoloxía dos Alimentos está formado actualmente por dous profesores titulares, Ángel Cobos e Olga Díaz, e catro doutorandos. Foi fundado hai dez anos e están elaborando as conclusións de dúas liñas de investigación xa rematadas e que tiveron unha importante sona pola súa vinculación á alimentación galega.

Dende o principio estes investigadores centraron os seus esforzos no estudo da composición da carne de produtos tradicionais galegos derivados do porco, como o caso do lacón galego. A liña de traballo, avalada polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, a Xunta de Galicia e a Indicación Xeográfica Protexida Lacón Galego, e con fondos Feder, centrouse no estudo da calidade desta carne cando o animal é alimentado con castañas.

Os estudos concluíron que mellora moito a calidade sensorial do alimento así como a súa cualificación e propiedades ao gañar en antioxidantes. Este estudo pechouse coa lectura dunha tese a cargo de Adán Veiga González.

As conclusións deron pé a unha maior valoración do lacón, e da carne do porco en xeral, que leva a asegurar, como indica Ángel Cobos, “que esta carne é unha peza fundamental na alimentación sempre que se leve unha dieta equilibrada”.

Por este traballo recibiron varios recoñecementos como o premio da Fundación CEL no ano 2000 ao mellor proxecto de investigación ou o recoñecemento do Consello Regulador do Lacón no 2004.

O capón de Vilalba

Outra liña de investigación que xa se considera rematada é o estudo do capón de Vilalba, e que concluirá tamén coa lectura dunha tese. Financiado pola Xunta de Galicia e pola Asociación de Criadores de Capón de Vilalba levouse a cabo este proxecto que buscaba a desestacionalización da produción de capón.

Actualmente o capón críase durante 8 meses para a súa venda o día 21 de decembro. Os criadores pretenden crear unha nova rede de comercialización dun exemplar de menor tamaño, de cinco meses de vida, para vender en calquera época do ano.

Os estudos realizados no Campus de Lugo amosaron a viabilidade do proxecto en canto á calidade da carne á venda e establecendo que contaban cuns parámetros correctos. Traballaron para elo con animais das catro razas comerciais e con idades de 5, 6, 7, e 8 meses.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-02-21

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información