Notas de prensa

SUPLUSA contará en 2008 cun orzamento de case 39 millóns de euros

A Sociedade Urbanística Provincial contará con 38.850.000 euros de presuposto para o ano 2008. O orzamento aprobado por unanimidade contempla actuacións en todas as comarcas da provincia.

O Consello de Administración da Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, presidida polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, aprobou por unanimidade o presuposto para o ano 2008 que ascende a 34.850.000 euros. Deste xeito, a cantidade orzamentaria increméntase nun 10% con respecto ó exercicio anterior, que se cifraba en 31.446.000 euros, o que “demostra a aposta que fai a Deputación por ampliar as súas actuacións en solo industrial, converténdose nun dos principais pilares do organismo provincial”.

SUPLUSA actuará en 32 Concellos – Burela, Pol, Ourol, O Vicedo, Begonte, Trabada, Castroverde, Abadín, Baleira, Lourenzá, A Fonsagrada, Riotorto, Pedrafita, Vilalba, Friol, Meira, Baralla, Cospeito, Becerreá, Antas de Ulla, Láncara, Paradela, Guntín, Samos, O Incio, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón, Pobra de Brollón, Sober e O Páramo- “polo que non queda unha comarca sen bater e sen facer estudos previos de xeración de solo industrial”, tal e como indicou o titular da Deputación.

Gómez Besteiro explicou que a xeración de solo industrial é un proceso que comeza por determinar a zona na que se vai actuar para logo seguir cos estudos técnicos pertinentes, a tramitación dos plans urbanísticos e a compra-venta de terreos. Deste xeito, puxo como exemplo a situación de Viveiro, “unha actuación futura na que se está estudando a idoneidade do solo industrial no entorno de Chavín”.

A filosofía da Sociedade Urbanística Provincial para a creación de solo industrial basearase na colaboración con outras administracións, a través de operacións concertadas coa Xunta de Galicia e co Estado (SEPES). “Non nos pechamos a ter socios nas operacións de xeración de solo senón que actuaremos alí donde outras administracións non o fan, como é o caso das Gándaras, cuberta por Xestur Galicia”, destacou Gómez Besteiro.

A forma de actuación tamén será diferente dependendo da situación de cada Concello. Factores como a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal ou a modificación do Plan Sectorial de solo industrial determinarán este proceso. Así, por exemplo, Castroverde está pendente do documento urbanístico ó igual que Pedradita, e Riotorto, pola súa banda, da modificación do Plan Sectorial.

A Sociedade Urbanística Provincial tamén actuará na parte noreste da provincia, concretamente no Concello da Fonsagrada. Gómez Besteiro destacou que se trata “dunha actuación importante nunha zona que ademais é cabeceira de comarca e que ata o de agora carecía de solo industrial”. O Presidente da Deputación engadiu ademais que o obxectivo de SUPLUSA é “aliviar ás empresas ubicadas nos pequenos Concellos que por mor da deslocalización teñen dificultades para sobrevivir”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2008-02-12

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información