O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e os Alcaldes e Alcaldesas dos primeiros Concellos que se suman ó novo sistema de recadación provincial asinaron os respectivos convenios para a cesión da recadación de impostos. Gómez Besteiro dixo que “nesta primeira quenda son 29 Concellos, que son tan importantes como se fosen sesenta. O importante é que este sistema funcione cada vez mellor e que sexamos máis eficaces”.
O máximo responsable provincial avanzou que “previsiblemente a Deputación anticipará cada mes 500.000 euros a estes 29 Concellos. Por tanto, imos cumprir con aquelo que prometemos”. Estes anticipos permitirán ós municipios ter liquidez todos os meses. Ademais, as novas bases rebaixan ata o 4% a porcentaxe que deberán aboar as entidades locais por este servizo. “O que se trata é de que este sistema favoreza a todos e, neste senso, o importante é que cobremos cada vez menos por esta xestión e que baixemos aínda máis esta porcentaxe”.
Os primeiros Concellos en sumarse a esta iniciativa son: Baralla, Becerreá, Begonte, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Courel, Guntín, Lourenzá, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pol, A Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Samos, O Saviñao, Sober, Taboada, Triacastela, O Vicedo, Xermade e Xove. Ó acto de hoxe asistiron todos os rexedores agás os de Carballedo, Cervantes, Folgoso, O Saviñao, Sober e Taboda, que desculparon a súa ausencia, e que asinarán o documento nos vindeiros días.
No acto de sinatura tamén estivo o Deputado de Cooporeación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, que agradeceu a presenza ós Alcaldes e Alcaldesas porque “este é un paso mais no sistema de financiamento dos Concellos, o que redundar de forma positiva nos veciños dos respectivos municipios. Hai que estimular ó resto das entidades locais para que pronto fagan uso de este servizo”.
Lugo, 11 de febreiro de 2008
SAÚDOS. GABINETE DE COMUNICACIÓN
El Juzgado de lo Mercantil Número 1 de A Coruña ha declarado en situación de concurso voluntario de acreedores, la antigua suspensión de pagos, a Martinsa-Fadesa tras verificar, a la vista de la documentación remitida por la inmobiliaria, que se halla "en estado de insolvencia inminente". Los acreedores disponen hasta el 1 de octubre para comunicar los créditos que tienen con la inmobiliaria.
La Operación de tráfico 25 de julio 2008 se pone en marcha a las 15.00 horas del 24 de julio y se prolonga hasta la medianoche del domingo 27. La Dirección General de Tráfico destaca que las carreteras con mayor intensidad de tráfico en esta operación en Galicia serán las autopistas y autovías AP-9, A-6, A-52, A-55, y las la carreteras N-550 y la N-634.

