A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos quere amosar a súa satisfacción polo anuncio feito polo Ministerio de Fomento respecto á adxudicación da nova embarcación de loita contra a contaminación que terá o seu porto base na Coruña e que servirá para reforzar os medios de recollida de hidrocarburos dos que dispón na actualidade a nosa comunidade autónoma.
O cumprimento do Plan Nacional de Salvamento Marítimo respecto a Galicia é, a día de hoxe, moi alto e a comparativa entre os medios dos que se dispón na actualidade para a loita contra a contaminación e tarefas de salvamento e dos que se dispoñía na anterior lexislatura non deixa lugar a dúbidas. Deste xeito, dende o ano 2006 a nosa comunidade conta cun remolcador de 80 mts de eslora que entrou en funcionamento en decembro de 2006. O “Don Inda” ten 20.600 CV de potencia e unha capacidade de recollida de hidrocarburos da auga de 1.750 metros cúbicos.
No que respecta aos medios aéreos, en xuño de 2007 presentouse o avión de longo alcance “Rosalía de Castro”, que ten base en Lavacolla. Ademais, incrementáronse as infraestruturas de salvamento coa contratación dunha base loxística en Vilar do Colo (Fene). A estes medios vén a sumarse agora a nova unidade marítima recolledora e de almacenamento de hidrocarburos, que ten prevista a súa entrada en servizo para comezos do verán, cunha capacidade de almacenamento de 3.100 metros cúbicos.
A Consellería de Pesca quere destacar tamén que a adxudicación anunciada hoxe polo Goberno central é froito do traballo conxunto das dúas administracións nesta materia, plasmada nun convenio de colaboración asinado en setembro de 2006 pola Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.
El Servizo Galego de Saúde pondrá en marcha una campaña publicitaria para que los ciudadanos gallegos "conozcan mejor" las reformas que la Consellería de Sanidade está llevando a cabo en los centros de Atención Primaria en materia de infraestructuras y recursos humanos en el marco del Plan de Mellora 2007-2011.
El abogado y presidente de la Asociación Amigos do Capón de Vilalba, Domingo Goás, ha sido nombrado Lucense del Año junto con otras nueve personas y colectivos de las que se destaca su trayectoria. El ex presidente de la Diputación, Francisco Cacharro, el embajador de España en China, Pablo Bravo, o el pintor Baldomero Pestana, entre los galardonados.

