Notas de prensa

Inaugurado en Viveiro un monolito adicado a Noriega Varela

O presidente da Deputación Provincial de Lugo destacou o compromiso do poeta a favor da nosa cultura e dos nosos dereitos, e de xeito especial do movemento agrario.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou en Viveiro un monolito que rinde homenaxe ó escritor e poeta Antonio Noriega Varela. No acto de inauguración, no que tamén estiveron presentes a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel Rivas, o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González Cruz e Santiago Noriega Fernández, en representación da familia Noriega Varela, Gómez Besteiro destacou o labor do homenaxeado como “un home moi comprometido coa sociedade e, sobre todo, co movemento agrario. Proba disto son os numerosos poemas que nos deixou e nos que alentaba ós labregos na loita agraria”.

O titular do organismo provincial acompañado do resto de autoridades, desprazouse a pé ata os Xardíns “Noriega Varela” donde procedeu á inauguración da escultura. Gómez Besteiro lembrou que a semana pasada o Pazo de San Marcos acolleu a entrega do Premio Otero Pedrayo, que este ano lle foi concedido a Francisco Javier Río Barja e “hoxe estamos premiando a outro lugués que traballou a reo pola nosa cultura e polos nosos dereitos”.

Noriega Varela naceu en Mondoñedo e residiu en Viveiro durante os últimos anos da súa existencia. Ó longo da súa vida e obra manifestou un gran compromiso contra as inxustizas que imperaban a finais do século XIX e principios do XX. “En contra do caciquismo e afín á humildade, Noriega Varela é un exemplo para todos nós, e debe selo para os que temos a oportunidade de tomar decisións que melloren a calidade da provincia e dos seus Concellos”, subliñou o titular da Deputación.

Na inauguración do monolito, que supón o colofón dos actos organizados polo Concello de Viveiro no Ano de Noriega Varela, o Presidente do organismo provincial destacou que “2008 será o Ano da Suma. Entre todos debemos Sumar Esforzos, para que seguindo o exemplo do poeta que hoxe homenaxeamos, evitemos que a nosa cultura e as nosas tradicións esmorezan”. Neste senso, Gómez Besteiro incidiu en que “os políticos deben servir de canle de comunicación entre os nosos cidadáns, escoitar as súas peticións e atender as súas necesidades. Creo que con actos coma este estamos contribuíndo a que 2008 sexa un ano que marcará un antes e un despois no devir desta comarca e no de toda a provincia”.

A Banda de Música viveirense pechou o acto de inauguración coa interpretación do Himno Galego. A continuación o Concello de Viveiro ofreceu un almorzo ós familiares, autoridades e invitados nun restaurante da localidade mariñana.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2007-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información