Notas de prensa

Fallo do Premio Ramón Piñeiro 2007: "Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio", de María López Sández

A obra PAISAXE E NACIÓN: A CREACIÓN DISCURSIVA DO TERRITORIO, da que é autora María López Sández, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa.

A xuntanza do xurado realizouse o día 20 de decembro, ás 11 horas no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela.

O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas.

María López Sández, que é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela, fai unha proposta de análise que parte do imaxinario social do nacionalismo para se achegar á paisaxe como espazo, como ideoloxía e como fundamento da identidade nacional. A paisaxe na pintura, a dimensión espacial e xeográfica dos fenómenos literarios e a xerarquización do territorio analizada a través dos mapas leva á autora a realizar un exhaustivo balance das diferentes concepcións da idea de paisaxe para concluír na noción do espazo como creación.

O xurado, que concedeu o premio por maioría, estivo formado porLuís Alonso Girgado, Alexandre García-Caballero, Manuel González González, Dolores Vilavedra Fernández e Carlos Lema, e salientou a calidade dos oito orixinais presentados, así como a variedade de temas abordados neles.

Editorial Galaxia, 2007-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información