Notas de prensa

Autorizado o gasto plurianual en bolsas de formación de especialistas en investigación mariña

Pesca achegará para a concesión destas axudas un total de 105.462,00 euros repartidos nas anualidades 2008, 2009 e 2010 para tres bolsas de dous anos prorrogables por un terceiro e para titulados superiores universitarios.

O Consello da Xunta autorizou o compromiso de gasto plurianual correspondente á Orde pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación de persoal especialista en investigación mariña, correspondentes ao programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) do Goberno galego. Ademais, procedeuse tamén a dar o visto e prace á próxima convocatoria destas axudas.

O obxecto desta convocatoria será a concesión de tres bolsas de dous anos de duración, prorrogables por outro ano máis, e destinadas a titulados superiores universitarios, para a realización de teses de doutoramento nos seguintes proxectos: “Estudo da presenza de tumores en solénidos. Posible orixe. Aspectos biolóxicos e xenéticos”; “Estudo do stock das poboacións de vieira Pecten maximus nas rías galegas”, e “Estudo da perkinsose no litoral español: caracterización de variantes taxonómicas do parasito, do seu ciclo de vida e da resposta inmunitaria do hóspede”.

Para a concesión destas axudas de formación a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos achegará un total de 105.462,00 euros, repartidos en tres anualidades: 40.700,00 euros no ano 2008, 54.872,00 no 2009 e 9.890,00 no 2010.

Programas dedicados aos recursos humanos e recursos mariños

O Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT), foi creado polo Goberno galego coa finalidade de fomentar a investigación científica e o desenvolvemento e innovación tecnolóxica de cara a promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. O PGIDIT está integrado por liñas de actuación xerais, sectoriais e horizontais. Dentro das horizontais figura o programa de recursos humanos, destinado a incrementar o persoal dedicado a actividades de I+D+i, tanto en número como en especialización. Así mesmo, nas liñas de actuación sectoriais atópase un programa dedicado aos recursos mariños, que ten como propósito actuar sobre dúas áreas
fundamentais neste eido: a pesca e a acuicultura, que cada vez exixen unha maior presenza de persoal con altos niveis de formación e experiencia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Algo falla en Internet: En Galicia algo falla cando en Internet retrocedemos en lugar de avanzar. ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información