O Camiño de Santiago é un dos principais bens do patrimonio cultural galego. Para garantir a súa conservación e protección, a Consellaría de Cultura e Deporte organizará charlas para mellorar o coñecemento das súas normas de protección naqueles concellos polos que pasa o Camiño de Santiago Francés.
O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, presentou na Casa de Cultura de Sarria o programa destas xornadas xunto coa subdirectora de Protección da Cidade e Camiños de Santiago, Teresa Nieto; e o alcalde da vila e presidente da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, Claudio Garrido.
Explicar o sistema de protección
As charlas están dirixidas ao público en xeral, especialmente aos residentes nas parroquias do territorio histórico do camiño Francés. O seu obxectivo é explicar cales son as zonas de protección do Camiño, que actividades requiren autorización e cales son os criterios que se aplican nesas autorizacións; así como o procedemento que as persoas interesadas deben seguir: presentación de solicitudes, documentación, prazos, etc.
As charlas van ser impartidas por arquitectas da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nos concellos de Sarria, Samos, Monterroso, Paradela, Portomarína, Melide, Palas de Rei, Pedrafita, Arzúa, Triacastela e O Pino.
O calendario é o que segue:
28 de novembro
Sarria, Casa da Cultura
29 de novembro
Melide, Edificio Multiusos
Paradela, Centro Social
Portomarín, Casa da Cultura
13 de decembro
Arzúa, Casa da Cultura
Palas de Rei, salón de plenos do Concello
Monterroso, Centro Social da Parroquia de Lingonde
20 de decembro
Pedrafita, Casa do Concello
Triacastela, Casa do Concello
Samos, Casa do Concello
21 de decembro
O Pino, Casa da Cultura
La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

